Home Vigo O Porriño Arrancan as obras de reconstrucción da rúa Fernández Areal para mellorar a...

Arrancan as obras de reconstrucción da rúa Fernández Areal para mellorar a mobilidade e seguridade

- Anuncio -
  • O ámbito total de actuación será de 570 metros de lonxitude e unha superficie total de actuación de 3.700 m²

A concellería de Vías e Obras, que dirixe Ramón Porto, deu comezo xa aos traballos de reconstrución da capa de rodadura da céntrica rúa Fernández Areal, unha das arterias máis importantes da vila. O pavimento asfáltico actual, que se atopa en mal estado de conservación, será completamente renovado, tal e como demandaba a veciñanza desde hai anos. Segundo indicou o concelleiro, Ramón Porto, ao deterioro  do pavimento “era cada vez máis acelerado eesta intervención resultaba fundamental para mellorar a seguridade e a comodidade dos usuarios da vía”.

A rúa Fernández Areal é un vial cunha importante densidade tráfico rodado, xa que conecta o centro da vila co Centro de Saúde, o Pavillón Municipal, centros educativos e outros servizos clave para a veciñanza. O alcalde, Alejandro Lorenzo,  destacou a “urxencia” da actuación para asegurar que esta arteria non só mellore o seu estado de conservación, senón tamén para facilitar a circulación de vehículos e peóns, optimizando a seguridade e a mobilidade dos usuarios.

A intervención abarca tamén os camiños Fontevella e Pego, conformando un proxecto integral que mellorará a conectividade na zona. O ámbito total de actuación será de 570 metros de lonxitude e un ancho medio de 6,5 metros, o que supón unha superficie de actuación de 3.700 m².

As obras forman parte do primeiro lote de traballos dun proxecto global, cun orzoamento base de 105.545 euros. Este investimento ten como obxectivo garantir a mellora das infraestruturas viarias e a adecuación do espazo urbano ás necesidades da veciñanza e do tráfico actual.

A intervención está pensada para ser o menos invasiva posible, procurando minimizar as molestias aos veciños e garantir a continuidade dos servizos na zona. Non obstante, será preciso realizar cortes de tráfico en diferentes puntos. O xoves 30 de xaneiro de 2025, o tráfico permanecerá interrompido no Camiño Fontevella, dende Pío XII ata o cruzamento de Domingo Bueno con Fernández Areal. O venres 31 de xaneiro de 2025, restrinxirase a circulación na rúa Fernández Areal, no tramo comprendido entre Domingo Bueno e a intersección con Paz Varela

Relacionadas

A Real Academia Galega e o Museo de Pontevedra lembran esta tarde a Marcial...

0
· A musicóloga Laura Touriñán, autora do volume Marcial del Adalid e o seu legado na Real Academia Galega, presenta o libro ás 19:00...

O PSOE rexeita unha moción do BNG para paliar os efectos das enchentas...

0
Sol Seoane insta a xestionar o río coas premisas científicas e técnica deste século, avogando por facer un estudo técnico que permita eliminar  a...

A Oficina de Coordinación de Transplantes da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés...

0
― En concreto, asumíronse as doazóns de dous pulmóns, un fígado, seis riles e as ditas dúas córneas ― Nesta área sanitaria foron detectados tres...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables á Estrada e Lalín para...

0
O deputado provincial Javier Tourís reuniuse con Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, e José Crespo, de Lalín, con motivo da visita da oficina móbil...

Baiona homenaxea aos campións do mundo de dardos

0
Iago Farto e Mauro Pazos, ambos os residentes en Baiona e, coñecidos no ámbito competitivo como Trafalgar e Mauro, lograron o título de campións...

Reggaeton Beach Festival e concello de Nigrán acordan un desconto do 50% nas entradas...

0
Nigrán prepárase para a cuarta edición de Reggaeton Beach Festival o 26 e 27 de xullo en Porto do Molle. O evento, que trae...

Publicacións Relacionadas