Home Baixo Miño A Guarda Arrancan as obras de reforma e adecuación das dependencias da policía local

Arrancan as obras de reforma e adecuación das dependencias da policía local

- Anuncio -

• Durante a execución das obras a Policía Local prestará atención á cidadanía no primeiro andar do edificio do concello vello.

Fai uns días iniciáronse os traballos para a Reforma e adecuación á norma das dependencias da Policía Local, a través dunha axuda por importe de 39.813,19€ da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia.
Con esta reforma pretendese modernizar, ampliar e adecuar ás necesidades actuais as dependencias policiais, mellorando a zona de atención ao público e ampliando o espazo para oficinas. Tamen se habilitará un espazo para sala de reunións e dotaranse duns novos vestiarios.
En total pretendese ampliar as infraestruturas existentes ata os 183m2, con dúas oficinas, vestiarios diferenciados para homes e mulleres, almacén e sala de xuntas, empregando parte das vellas instalacións de Servizos Sociais.
Para o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, esta é unha actuación moi importante, posto que ven a mellorar as condicións de traballo dos membros da Policia Local, nunhas instalacións que precisaban unha urxente rehabilitación e adaptación aos tempos que corren, o que permitirá prestar un mellor servizo a toda a cidadanía guardesa. Este proxecto está na liña de modernización das dependencias municipais que se ven producindo dende que se construiu o novo concello na casa dos Alonsos.
O orzamento desta licitación é de 47.00,94 € sen IVE (o orzamento con IVE é de 56.875.98 €). O prazo de execución das obras é de 45 días hábiles.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas