PRACE, SERVICIOS Y OBRAS, a empresa adxudicataria do contrato, por preto de 600.000
euros, de MELLORA E OPTIMIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DO CAMPO DE
FÚTBOL MUNICIPAL DE DEXTROS ven de iniciar as obras contempladas no proxecto.
Esta obra susténtase nunha financiación que combina fondos europeos e autonómicos,
evidenciando o carácter estratéxico do proxecto, que recibe 338.717,58 euros do
Consello Superior de Deportes, con cargo aos fondos europeos do Plan de Recuperación,
Transformación e Resilencia, e 302.229,20 euros aportados polo Fondo de Cooperación
Local da Xunta de Galicia destinados a inversións en infraestruturas municipais de
carácter estratéxico.
As obras de mellora e modernización do Campo de Fútbol Municipal Antonio Bernárdez
Gándara – Dextros converterán este campo nun referente de eficiencia, accesibilidade e
dixitalización.
Levarase a cabo unha transformación do campo, adaptándoo ás necesidades actuais en
materia de eficiencia enerxética, accesibilidade e dixitalización, abordando unha ampla
gama de melloras. Por un lado implementaranse medidas significativas para reducir o
consumo, substituíndo o sistema de alumeado actual por tecnoloxía LED, que suporá
unha diminución de máis do 50% no consumo enerxético, ademais instalaranse paneis
solares na cuberta da grada e un sistema de fototermia con catro acumuladores de 200
litros, aproveitando así as enerxías renovables.
Realizarase unha renovación integral das instalacións, con actuacións nos vestiarios e a
estrutura do edificio. Renovaranse as cimentacións, a fachada, a carpintaría, a cuberta, o
illamento, a fontanería e o saneamento. Actuarase en parte do peche perimetral para
mellorar a seguridade e estética do recinto, e en materia de accesibilidade levaranse a
cabo melloras para garantir o acceso a persoas con mobilidade reducida, incluíndo a
construción dun novo aseo adaptado.
Ademais destas intervencións na propia instalación, incorporaranse outros
equipamentos e melloras para optimizar a funcionalidade e confort das instalacións.
Instalarase unha persiana no peche na zona de cantina, renovarase a cuberta da grada e
sanearase a estrutura existente. O acceso ao recinto deportivo tamén se mellorará coa
Praza da Constitución, nº1. Salvaterra de Miño. 36450 PONTEVEDRA
Tlfs: 986 65 81 26 – 986 65 80 82 comunicacion@concellodesalvaterra.org
instalación de bancos, árbores, unha pérgola e outros elementos que faciliten a
accesibilidade. Tamén se mellorará a rede perimetral do recinto.
En relación ó ámbito de dixitalización, instalarase un moderno videomarcador dixital de
3×2 metros e implementarase un sistema de xestión automático de encendidos,
apagados e funcionamento do climatizador, optimizando o uso dos recursos. Unha
inversión que reafirma a aposta polo deporte do Concello de Salvaterra de Miño e que
convertirá o Campo Antonio Bernárdez Gándara – Dextros nun referente en toda a
comunidade, xerando un espazo deportivo adaptado ás necesidades actuais.
Salvaterra co deporte!!!