Mañá martes, 5 de xaneiro, dende ás 11 e até ás 20 h os Reis Magos ofrecerán unha recepción aos nenos e nenas de Tui no Teatro Municipal.
Ás catro desta tarde abrirase a reserva para 30 novas quendas entre ás 11 e ás 11.30 h e ás 19.30 e as 20 h. En cada quedan se pode reservar para un máximo de 4 persoas. En
total ao longo da xornada serán 200 quendas as habilitadas para a achegarse á recepción de Melchor, Gaspar e Baltasar.
No momento de facer a reserva débese cubrir o nome e apelidos e teléfono de contacto
de cada unha das persoas asistentes. A recepción contará cun estrito protoloco anticovid.
Á chegada á Area Panorámica os paxes reais e o persoal municipal irán conducindo aos
asistentes no circuíto establecido até o interior do teatro onde dende as escadas que dan
acceso ao escenario os cativos poderán saudar con distancia a Melchor, Gaspar e Baltasar e fotografarse con eles. Recoméndase acudir ao Teatro con 10 minutos de antelación sobre a hora fixada na entrada para evitar aglomeracións. No vestíbulo será preciso a desinfección de mans con hidroxel e lémbrase o uso obrigatorio de máscara para os maiores de 6 anos.
O escenario do Teatro Municipal transformarase cunha decoración especial para unha cita
tan destacada coma esta recepción de Melchor, Gaspar e Baltasar. Amais as carrozas reais
permanecerán estacionadas na rúa Ourense dende ás 11 h.
Aínda que este ano debido á pandemia da COVID 19 non se celebrará a tradicional Cabalgata Internacional da Eurocidade Tui-Valença as súas maxestades de Oriente
enviaron unha mensaxe aos nenos e nenas que se pode visualizar en tui.gal e nas redes
sociais do Concello de Tui e da Cámara Municipal de Valença.
Cómpre lembrar que Tui continúa en peche perimetral e que conta cun nivel de restricións medio-alto que inclúe entre outras cuestións agrupacións máximo de 4 persoas.