- Elfos de Nadal e un concerto familiar entreteñen as últimas tardes do ano
O próximo luns 29 de decembro, os elfos de Nadal pasarán unha tarde na Guarda. Será unha tarde chea de xogos, baile, diversión e risas para eles e para todos os nenos e nenas que se queiran sumar.
Os elfos estarán na tarde do luns de 17 a 19 horas na praza Avelino Vicente. Pero na tarde seguinte, a programación de Nadal ofrece de novo unha xornada para desfrutar en familia e con música.
O martes 30 de decembro ás 17:30h chega a actuación de Terapia de grupo kids, unha proposta musical en directo chea de ritmo, xogos, cancións coñecidas e enerxía contaxiosa.
Vide á praza Avelino Vicente a xogar, bailar e cantar!



