Home Pontevedra Campo Lameiro As adversas previsións metereolóxicas para o domingo obrigan a aprazar a celebración...

As adversas previsións metereolóxicas para o domingo obrigan a aprazar a celebración da festa d@s moz@s para o vindeiro 11 de setembro

- Anuncio -

O Concello tomou esta decisión despois de falar con Manoele de Felisa, A Banda da Balbina, A Roda e Astarot e consensuar un novo día para a súa actuación

As adversas previsións metereolóxicas para o domingo 4 de setembro recomendan adiar a celebración da Festa d@s Mozos de Campo Lameiro para o vindeiro 11 de setembro. Esta decisión, adoptada polo Concello, prodúcese despois de falar con Manoele de Felisa, A Banda da Balbina, A Roda e Astarot, os artistas e agrupacións musicais que tiñan previsto actuar na Praza do Concello e que decidiron suspender o concerto ante a presenza constante de choiva ao longo da tarde do domingo que fai inviable esta celebración.

Unha vez revisadas as axendas e a disponibilidade do plantel integrante do cartel da Festa d@s Moz@s decidiuse o aprazamento para o vindeiro domingo 11 de setembro onde todos os participantes coincidiron en arranxar as súas actuacións para estar presente neste festival que rememorará as orixes e os mellores momentos da música folk galega.

A intención do Concello de Campo Lameiro é recuperar, despois de 30 anos sen celebrarse, a Festa d@s Moz@s e homenaxear a aqueles homes e mulleres que foron pioneiros na organización deste evento que supuxo un fito para a normalización e promoción da musica galega e en galego nos finais dos anos 70, nos 80 e principios do 90.

A Festa d@s Moz@s puxo no mapa cultural, musical e folclórico a este concello e serviu para que artistas e agrupacións da talla de Suso Vaamonde, Fuxan os Ventos, Milladoiro, Xocaloma, Brath, Luar na Lubre, A Quenlla, Buxán, A Roda e mesmo Amancio Prada ofreceran concertos na etapa deste festival iniciado no ano 1977 e continuado de xeito ininterrumpido ata o ano 1982, despois houbo varias ausencia ata realizar o derradeiro da súa saga no ano 1992, hai agora 30 anos.

Segundo Carlos Costa, “queriamos homenaxear a todos aqueles veciños e veciñas de Campo Lameiro que puxeron en marcha a Festa d@s Moz@s e que foron pioneiros en Galicia na celebración deste tipo de festivais, precisamente agora que se cumpren 45 anos do primeiro que se fixo no ano 1977. Non queremos que a choiva, moi necesaria por outra banda, nos estropee a recuperación do festival e por iso decidimos aprazala, de común acordo cos artistas, grupos e cantantes que en todo momento amosaron a súa boa disposición a colaborar. Imos intentar que todo saia ben e celebralo o próximo domingo 11 de setembro e honrar a aqueles pioneiros que tanto fixeron pola música e a cultura galega e que merecen un recoñecemento, cando menos do seu pobo”, indicou o alcalde.

Relacionadas

O Concello de Nigrán inaugura o muíño de Porto do Molle este sábado con...

0
A festa, aberta a toda a veciñanza, terá lugar a partir das 11:30 horas coa presenza das 'Pandereteiras do Sobreiro', a proxección da curta...

O Concello de Redondela mantense firme na necesidade de recuperar o cargadoiro Coto Wagner

0
-A alcaldesa de Redondela e o novo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo mantiveron esta mañá a primeira reunión oficial dende o relevo de...

Máis de 650 escolares asisten este venres ao XV Tui Le no Teatro Municipal

0
É unha xornada de animación á lectura organizada pola Biblioteca Municipal e as bibliotecas escolares Este venres, 19 de abril, celébrase, no Teatro Municipal de...

A xestión do concello permite ao comedor escolar da Lama beneficiarse do programa “Come...

0
Concello, Xunta e CEIP da Lama colaboran para achegar ao alumnado unha dieta san a base de produtos galegos de calidade, proximidade e con...

As elaboracións do Obradoiro de Emprego de Pesca serán doadas ao Comedor Social

0
A concelleira de Promoción Económica, Beatriz Rodríguez, visitou recentemente as prácticas de fileteado de peixe que se están a desenvolver no Espazo Emprendedor  A pasada...

O Concello licitará 8 postos nas Prazas de Abastos de Marín e Seixo

0
A Xunta de Goberno Local deu luz verde aos pregos que rexerán o concurso público. Son 4 postos en cada un dos mercados, destinados...

Publicacións Relacionadas