HomePontevedraCaldasAs copias dos partes da Policía Local xa obran en poder do...

As copias dos partes da Policía Local xa obran en poder do voceiro de ACIP

- Anuncio -spot_img

Juan Carlos González recolleu no día de onte as copias dos partes

O concelleiro de Bo Goberno, Transparencia e Participación Cidadá, Roberto Mera, informou que o voceiro do Grupo Municipal ACIP, Juan Carlos González Carrera, recolleu no día de onte as copias dos partes da Policía Local correspondentes a todos os turnos de noite dos meses de xullo e agosto de 2019.

A pasada semana González Carrera acusou ao Goberno Local de ocultar dita información e Mera aclarou que os partes estaban a disposición do edil da oposición dende finais de novembro do pasado ano nas oficinas da Policía Local sen que este pasara a examinalos. O retraso na entrega das copias debeuse á necesidade de eliminar en cada parte os datos persoais que afectan á intimidade de numerosas persoas.

Publicacións Relacionadas