O Concello ofrecerá gratis durante o mes de xullo e semanalmente cinco campus (cociña, graffiti, comic, guitarra e barro) todos elixidos por eles e a cargo de profesionais da comarca
“Aproveitando que a planta baixa do centro da terceira idade da Ramallosa está actualmente vacía e que é un sitio neurálxico, ímos darlle uso coa programación que eles deseñaron”, explica o alcalde, Juan González
Está dirixido prioritariamente a crianzas de 9 a 14 anos empadroadas no Concello e o prazo de inscrición está aberto, cun máximo de 2 campus por rapaz
As crianzas de Nigrán asumiron este ano o reto de deseñar os plans de ocio infantil que, ata agora, programaba o Concello. Deste xeito, o órgano municipal de participación infantil e xuvenil autonomeado como ”Xeración Xa!’, apostou nas súas asambleas mensuais por organizar campus máis creativos ou artísticos que complementen aos deportivos que, tradicionalmente, xa ofrece o Concello xunto aos clubes do municipio e cuxo prazo de inscrición tamén está aberto. O resultado é que este ano, durante o mes de xullo e de de luns a xoves gratuítamente, o Concello ofrecerá no Centro da Terceira Idade da Ramallosa os campus de graffiti e camisetas personalizadas a cargo de Seek Selff (do 30 de xuño ao 3 de xullo); ‘Introdución ao barro e creación libre’, con Nerea Vila (do 7 ao 10 de xullo); ‘Manga e cómic’, con Coral Martínez (do 14 ao 17 de xuño); ‘Alimentación, cociña e nutrición’, con Iria Otero e Ramón Moes; e, finalmente, ‘Guitarra’ con Gain Over. Todos están dirixidos a crianzas de 9 a 14 anos, con prioridade empadroados, e se desenvolven de 10:00 a 13:00 horas. A inscrición está aberta ata esgotarse as prazas e é a través da Oficina de Información Cidadá ou no 986365000, poidendo cada crianza inscribirse nun máximo de 2 campus.
“Aproveitando que a planta baixa do centro da terceira idade da Ramallosa está actualmente vacía e que é un sitio neurálxico, ímos darlle uso coa programación que eles deseñaron”, explica o alcalde, Juan González, quen subliña o orgullo que supón “contar cunha infancia e adolescencia comprometida e participativa que permite ao Concello deseñar de verdade as políticias culturais, sociais ou medioambientais que eles mesmo deciden, sen imposicións desde un punto de vista só adulto”, considera.
A ‘Xeración Xa!’, o consello de participación infantil creado polo Concello de Nigrán no ano 2021, está constituído por crianzas de diferentes centros educativos do municipio e reúnese durante o curso escolar mensualmente, destas asambleas xurden propostas que trasladan directamente ao goberno local, como foi o caso destes campamentos. Entre os seus integrantes está Cayetana Guede (IES Val Miñor) e Carmen Vázquez (CEIP Humberto Juanes) quenes recolleron este ano o testemuño de Martín Rey como voceiras da infancia e da mocidade de Nigrán en toda Galicia, polo que representan ao Concello de Nigrán no Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia (CAIA), un espazo de diálogo e consulta que depende da Xunta de Galicia.
Todo este traballo e outras iniciativas fixeron posible que o Concello de Nigrán fose recoñecido o ano pasado por Unicef como ‘Ciudad Amiga de la Infancia’, isto implica ter en conta dunha forma efectiva e medible as voces, necesidades e prioridades das crianzas a través das decisións políticas, como é este caso. “Desde o Concello de Nigrán estamos moi orgullosos de contar cunha mocidade comprometida e participativa que nos permite construír un municipio de verdade amigo da infancia. É a nosa obriga escoitar á infancia, eles non poden ser cidadáns de segunda polo feito de non votar”, reitera o alcalde, Juan González.