O 6 de setembro ás 16.30 horas será a tradicional festa de presentación das escolas na Alameda e no Parque Eguren.
As Escolas Deportivas Municipais volverán co arranque do curso académico, para poder fomentar e achegar unha ampla oferta deportiva á rapazada de Marín.
Aínda que será o venres 6 de setembro cando se faga a tradicional presentación oficial das escolas, o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, xa adiantou cales serán as modalidades que se ofertarán este ano, que son:
| Disciplina | Club Lugar |
| Salvamento | Club S.A.P.O. Piscina Municipal |
| Paddle Surf | Imua Paddle Surf Club Real Club Mar de AgueteAguete |
| Fútbol sala | Marín Futsal Pavillóns do Sequelo, Club Deportivo La Peña Cañota, Illa de Tambo e San Narciso |
| Atletismo | Club San Miguel Estadio Municipal de San Pedro |
| Taekwondo Triatlón | Club Mats Taekwondo Rúa Inferniño, 10 Club Deportivo Pinarium Escola Naval Militar |
Voleibol Club Deportivo SEI San Narciso Pavillón Colexio San Narciso
| Baloncesto | Club Baloncesto Pavillón da RañaPeixeFresco Marín |
| Waterpolo | Club Waterpolo Pontevedra Escola Naval Militar |
| Ximnasia rítmica | Club Rítmica Agarimo Pavillón Illa de Tambo Club Rítmica Inmare Pavillón IES Mestre Landín |
| Remo | Club de Remo Ría de Marín Porto de Marín |
| Kickboxing | Asociación de Boxeo de CEIP CarballalPontevedra |
| Ximnasia acrobática | Club Ximnasia Vila de Pavillón do Colexio San Marín Narciso |
| Natación | Soom Management Piscina municipal |
| Vela | Real Club Mar de Aguete Porto de Aguete |
| Judo Fútbol | Club Dom+ Judo Marín Pavillón da Raña Escuelas de Fútbol Villa de Estadio Municipal de San Marín Pedro |
| Tenis Pádel | Club de Tenis Marín Pavillón da Laxe Seimarin2019 SL Pistas de pádel do Colexio San Narciso |
| Boxeo olímpico | Team Thunder Pavillón da Raña |
| Ciclismo | Clube XSM Pavillón da Raña e exterior |
| Piragüismo | Club Piragüismo Tambo Porto de Marín |
A festa de presentación destas 22 modalidades, tal e como se indicaba anteriormente, será o 6 de setembro na Alameda e no Parque Eguren, a partir das 16.30 horas.
O procedemento de inscrición é o mesmo ca en anos anteriores. O prezo da actividade para o participante será de 50 euros para todo o ano (desde o 1 de outubro ata o 31 de maio), que deberán abonarse directamente ao club ou entidade organizadora, segundo a forma de inscrición establecida por cada un e da que se informará no evento de presentación.
Tamén será neste evento no que se repartan os impresos de inscrición, que tamén estarán a disposición das entidades organizadoras durante o prazo de inscrición, que irá do 13 ao 24 de setembro. Asemade, poderá accederse a eles a través da web do Concello de Marín.

