HomeO MorrazoMarínAs historias escondidas tras a porta de febreiro, nun novo vídeo mañá...

As historias escondidas tras a porta de febreiro, nun novo vídeo mañá nas redes sociais

- Anuncio -spot_img

A artista María Sancho, que ten en exposición as súas doce portas de Marín no Museo Torres, contactou coa mestra Rosa María Rodríguez para coñecer a vida do inmoble protagonista do mes de febreiro, na Rúa da Roda.

Quen diría que na Rúa da Roda estivo aloxado o Dúo Dinámico. Esa e outras moitas historias máis son as que os marinenses poderán descubrir no novo vídeo sobre as portas marinenses que conforman un especial calendario de Marín creado pola artista María Sancho. As súas láminas están expostas no Museo Torres e poderán ser visitadas cando volvan abrir os espazos museísticos.
Neste novo vídeo feito pola artista, esta contactou ca mestra na EEI O Grupo Rosa María Rodríguez Salgado, que desgrana no vídeo, que se poderá ver a partir de mañá nas redes do Concello, algúns dos recordos persoais que ten da porta deste mes.
Nese inmoble, había unha pensión, a pensión “de Sira”, que xeraba un movemento importante de visitantes, algúns que repetían na súa estancia e outros que pasaban períodos máis curtos na nosa vila.
Rosa, que vivía nesa rúa, recorda perfectamente ese ir e vir de xente de distintos lugares e tamén que outra casa na rúa funcionaba tamén como pensión, “Pensión Adela”, algo máis grande que a de Sira e na que, incluso, chegaron a estar hospedados os integrantes do Dúo Dinámico durante a rodaxe dunha das películas que filmaron en Marín.
Con esta recompilación de anécdotas, desde o Concello quere potenciarse esta recuperación de lembranzas colectivas do Marín de antes, preservando estas historias a través daqueles que as viviron en primeira persoa, mes a mes, seguindo a estela das portas pintadas por María Sancho, que tamén encerran todos os recordos da súa infancia.

Publicacións Relacionadas