Home O Morrazo Marín As humanizacións da Rúa da Ponte, Concepción Arenal e Jaime Janer: tres...

As humanizacións da Rúa da Ponte, Concepción Arenal e Jaime Janer: tres proxectos primordiais do Goberno local para os próximos anos

- Anuncio -

A alcaldesa, María Ramallo, adiantou que o equipo de Goberno está traballado na análise destes proxectos como os máis relevantes en materia de mellora urbana e seguridade viaria a executar nos próximos anos.

Marín segue avanzando. A alcaldesa, María Ramallo, adiantou esta mañá que o Goberno local vén traballando nesta última tempada na elaboración de proxectos relacionados coa mellora urbana, a seguridade peonil e a mobilidade sostible que sigan transformando as rúas e prazas da nosa vila.

Unha das rúas que xa foi obxecto dunha importante transformación nun dos seus tramos foi Concepción Arenal. “A reordenación do espazo, a mellora do tráfico e o ancheamento das beirarrúas, así como a renovación de todos os servizos, foi un antes e un despois para Concepción Arenal. Pasamos de ter unha rúa deficiente, que tiña problemas para a mobilidade, incómoda e con problemas no fluxo de tráfico a unha avenida cómoda, renovada e útil nas comunicacións”, asegurou a rexedora.

Agora, tal e como anunciou Ramallo, estase proxectando estender esa mellora ao tramo que aínda está sen rehumanizar desta rúa, que vai desde a rotonda das Anclas ata o cruce coa Rúa da Ponte, na que tamén se actuará. “A Xunta de Galicia, administración coa que contamos para cofinanciar as obras do primeiro tramo de Concepción Arenal, está estudando estes proxectos de forma conxunta con nós”, explicou a alcaldesa. Esta mellora tamén beneficiaría á propia Rúa da Ponte, chea de vida e actividade comercial.

“Procuraremos que estes espazos sexan máis sinxelos de camiñar, que teñan tramos máis seguros, que as rúas sigan sendo unha canle de comunicación entre os distintos puntos da nosa vila, pero que tamén sexan agradables para o tránsito peonil”, explicou a alcaldesa.

Jaime Janer, outro dos proxectos esenciais á vista

Por outro lado, Ramallo adianta que se está a traballar tamén nunha análise de Jaime Janer, “onde sabemos que é urxente levar a cabo unha mellora das beirarrúas e dos servizos de saneamento e abastecemento”.

Esta rúa soporta un nivel de tráfico intenso e por iso é esencial abordar a seguridade viaria nos tramos da PO-545 e da PO-313 (desde a Praza 8 de Marzo ata a súa confluencia con Landín Pazos).
“Estes son os retos que temos para os próximos anos, para vertebrar estas zonas do casco urbano nas que se concentran servizos educativos, comerciais e sanitarios. Un obxectivo que estamos traballando coa Consellería de Infraestruturas para acompañar os proxectos da necesaria financiación. A colaboración da Xunta neste sentido é esencial”, rematou Ramallo.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas