Home Pontevedra A Paradanta As melloras en instalacións deportivas suman preto de 155.000€ en Covelo

As melloras en instalacións deportivas suman preto de 155.000€ en Covelo

- Anuncio -

O Concello renovará a pista deportiva de Pazos, Santa Mariña, e vén de colocar canastas de mini basket en en San Salvador de Prado, Barciademera, Godóns e Paraños

O concello de Covelo continúa coa mellora das instalacións públicas deportivas nas que, nos últimos anos, leva investido 154.327€. Unha pista de skate e unha pista polideportiva detrás do edificio multiúsos municipal, unha nova pista de padel, colocación de canastas en distintas parroquias e melloras nas pistas polideportivas de Baldomar, Barcia de Mera, Casteláns e Maceira son algunhas das actuacións postas ao servizo da cidadanía nos últimos anos.

A estas actuacións súmanse as que se realizarán ao longo deste ano en Pazos, Santa Mariña, donde o Concello mellorará a pista deportiva rebaixando as aristas existentes entre as xuntas do pavimento e reparando o formigón para o seu posterior marcado e pintado.

Co obxectivo de ofrecer á veciñanza instalacións públicas de calidade, o goberno de Covelo construiu unha pista de padel con peche perimetral de aceiro galvanizado e vidros templados e cun pavimento de céspede sintético padelgrass, elementos todos eles homologados e con excelente comportamento ao bote da pelota durante o xogo, investindo un total de 39.898,83€-

Nas parroquias de Barcia de Mera, Casteláns e Maceira realizáronse traballos de limpeza das antigas pistas para proceder ao novo revestimento de alta resistencia ao desgaste e á accións dos axentes atmosféricos con micro rugosidade para unha maior seguridade na práctica deportiva ao aire libre. Ademais procedeuse ao marcado das liñas de xogo para fútbol sala e tenis e suministrouse novas redes de porterías en Casteláns e Maceira, e de tenis en Casteláns. Na parroquia de Baldomar, dado o estado de deterioro da pista antiga, foi necesario dispor primeiro dunha nova soleira de formigón sobre a xa existente. En total actuouse sobre 2.617 m2.

O goberno aposta por ofrecer servizos de calidade á cidadanía que contribúan a unha mellora do día a día, fomenten hábitos de vida saudables, e repercutan na fixación de poboación.

“Queremos que os nosos veciños e veciñas teñan as infraestruturas que precisan para o desenvolvemento diario da súa vida, espazos públicos de calidade sen ter que saír do seu concello. Exemplo disto é a recén inaugurada pista polideportiva e de skate, detrás do edificio multiúsos na que é habitual ver aos máis pequenos xogando e practicando deportes”, explica o alcalde Pablo Castillo.

Ademais, en San Salvador de Prado, Barciademera, Godóns e Paraños veñen de colocarse canastas de mini basket cun orzamento total de 4.500€.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

0
A OMIX de Tomiño organiza un obradoiro no que aprender as primeiras nocións do baile popular galego A mocidade tomiñesa lánzase a bailar. A OMIX...

Publicacións Relacionadas