- Éxito de participación no XVI Encontro de Mulleres do que formaron parte 115 mulleres do concello de Soutomaior.
- Unha cita que neste 2025 tivo como destino Salvaterra de Miño e Vilanova da Cerveira.
O 29 de marzo foi a data elixida polo concello para celebrar o seu XVI Encontro de Mulleres, unha cita que contou con éxito de participación coa asistencia de 115 mulleres do concello de Soutomaior.
Un evento ao que asistiron a concelleira de Igualdade, Rosana Martínez Boullosa, a concelleira de Promoción Económica, Rosana Comesaña e a concelleira de Medio Rural, Charo Bouzón, e que tivo como obxectivo fomentar a convivencia e o empoderamento entre as mulleres do municipio.
Esta actividade contou con financiamento por parte do concello, da concellería de Igualdade e de Benestar Social, e, contando con este investimento as mulleres que desexaron asistir tiveron que pagar unha parte que foi de 25 euros as mulleres empadroadas e de 30 euros para as non empadroadas. Un prezo que incluíu todas as actividades e traslados organizados durante toda a xornada deste encontro.
Un Encontro que comezou ás 9:00 da mañá da xornada do sábado coa saída do concello rumbo a Salvarerra de Miño. Unha vez chegadas a Salvaterra de Miño as asistentes tiveron a opción de elixir entre as actividades da mañá que foron: as termas ao aire libre de Salvaterra de Miño ou a visita ao Museo da Ciencia do viño.
Trala actividade de maña tivo lugar o xantar no Cruceiro do Monte, en Tui, e unha vez finalizado o xantar a actividade da tarde trasladouse e a unha visita pola fermosa vila de Vilanova da Cerveira onde as asistentes tiveron a oportunidade de desfrutar da súa feira e do seu casco histórica.
Tras un día de intensa actividade e de desfrute o regreso deste encontro foi 19:30h. dende Vilanova de Cerveira coa chegada ao concello en torno ás 21:00h.