As Neves contratará nove persoas para reforzar servizos municipais de limpeza, mantemento e administración

adminON
Lectura mínima de 1

O Goberno de As Neves vén de anunciar a contratación de nove traballadores e  traballadoras para reforzar distintos servizos municipais durante 2025, incluíndo a  recollida de lixo, mantemento de vías e xestión administrativa. 

A distribución dos postos será a seguinte: 

2 peóns de recollida de lixo, a xornada completa durante 9 meses. • 2 peóns forestais, a xornada completa durante 8 meses

2 peóns de obras públicas e 1 auxiliar administrativo/a, a xornada completa  durante 7 meses

1 fontaneiro/a e 1 xardineiro/a, a xornada completa durante 6 meses

O alcalde de As Neves, José Manuel Alfonso, destacou que “con estas contratacións  melloraremos os servizos municipais e garantiremos que as nosas rúas, parques e  instalacións públicas estean en óptimas condicións. Ademais, seguimos apostando por un  proceso de selección transparente que permita a todos os veciños e veciñas interesadas  optar a estes postos de traballo”. 

As persoas interesadas deberán estar dadas de alta como demandantes de emprego e  solicitar a súa inclusión nos códigos correspondentes na súa Oficina de Emprego. Para  calquera dúbida sobre o proceso, poden poñerse en contacto co Concello a través das súas  canles oficiais.

Comparte este artigo