HomeO SalnésCambadosAs novas escaleiras da Igrexa de Fefiñans quedarán oficialmente abertas a partir...

As novas escaleiras da Igrexa de Fefiñans quedarán oficialmente abertas a partir de mañá

- Anuncio -spot_img

A recuperada escalinata inaugurarase con motivo da procesión de San Bieito que se celebrará mañá ás 20.30 horas e xa permanecerá para uso de veciñanza e visitantes.

O valado instalado durante a realización das obras xa foi retirado esta mañá.

O alcalde Samuel Lago expresa a súa satisfacción pola finalización das obras, enmarcadas nun proxecto de reforma integral da emblemática Praza de Fefiñans.

“Coa reconstrucción da antiga escalinata de Fefiñans damos tamén unha solución de continuidade ao espazo entre a Igrexa e a Praza nun proxecto que cambiará e humanizará a imaxe da contorna”, indica o alcalde

Publicacións Relacionadas