Home Pontevedra Deza As novas tecnoloxías e o ocio electrónico serán protagonistas no medio centenar...

As novas tecnoloxías e o ocio electrónico serán protagonistas no medio centenar de actividades da maior lanparty galega, a XGN Intermax 2024

- Anuncio -

• Competicións, obradoiros, conferencias, xogos ou zonas con simuladores e videoconsolas conformarán algunhas das propostas desta 24ª edición da party

• Esta cita terá lugar do 1 ao 3 de novembro no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, se ben mañá abrirá as súas portas de forma non oficial na súa xornada pre-party, para facilitar o acceso escalonado aos inscritos

• O evento conta de novo co apoio da Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, e estrea patrocinador coa empresa tecnolóxica galega Intermax, grazas á cal os participantes poderán desfrutar dunha velocidade de ata 40Gbps

A XGN Intermax ultima xa o programa da súa 24ª edición, a cal se celebrará do 1 ao 3 de novembro no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda (Pontevedra). E faio co obxectivo de ofrecer aos asistentes unha proposta que una formación e entretemento.

Para iso, deseñáronse máis de cincuenta actividades relacionadas coa informática, as novas tecnoloxías e o lecer electrónico, entre as que haberá algunhas xa coñecidas polos asistentes e tamén novidades, como demanda un evento centrado nun ámbito no que a evolución e a innovación é constante.

En canto ás actividades dirixidas exclusivamente aos inscritos, a Intranet da XGN Intermax incluirá competicións de arte dixital, centradas en curtametraxe, gráficos 3D, ilustración e música dixital, concurso de dobraxes e fotografía, retoque fotográfico, fast compos e anime music vídeo. Ademais, en hardware contará con diversas actividades, entre elas modificación e personalización de equipos ou a granxa de impresoras 3D, mentres que no apartado de software libre, incluirá propostas como o AI Contest, unha proba centrada en programar un robot para que compita con outros nun sinxelo xogo.

Así mesmo, organizaranse torneos de ata catorce videoxogos. Entre eles haberá oito con premios para os gañadores, que incluirán League of Legends, Counter-Strike 2, Valorant, Rocket League, FC24, Tekken 8, Super Smash Bros Ultimate e Mario Kart 8: Deluxe. As restantes competicións serán de Overwatch, Ultra Star, Sims, Lethal Company, Dragon Ball: Sparking! Zero e Clash Royale. A todo iso sumaranse, como en cada edición da party, xogos tan divertidos como o trivial de cinema.

Ademais da zona Intranet, exclusiva para inscritos, a party conta novamente coa súa Extranet, área á que poden acceder tanto os rexistrados como os visitantes ocasionais do recinto. Esta zona Extranet estará aberta durante os dous primeiros días da party, 1 e 2 de novembro, e incluirá interesantes conferencias e talleres, varios dos cales se levarán a cabo por primeira vez. Os seus títulos son tan interesantes como “Monta e leva o teu propio dummy”, “Introdución a Arduino con ChatGPT”, “Introdución a Microbit”, “Refrixeración líquida para computadores”, “Iniciación á impresión 3D” ou, centrados en cosplay (actividade consistente en confeccionar e/ou usar disfraces e accesorios para representar unha personaxe de videoxogo, cine, manga ou cómic), os obradoiros “Crea a túa propia máscara da praga” e “Crea o teu propio sombreiro de bruxa”.

Ademais, haberá áreas de videoconsolas, de lentes de realidade virtual ou de simuladores de videoxogos, ademais de futbolín, ping pong, xadrez ou pistas deportivas.

Unha programación que conferirá gran atractivo a esta 24ª edición, que estrea patrocinador coa compañía tecnolóxica galega Intermax, grazas á cal os participantes poderán navegar ao dobre de velocidade que na pasada edición e alcanzar ata 40Gbps. Ademais, conta co apoio a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, a cal é impulsora da party e apoiouna desde os seus inicios.

Posta a punto na xornada pre-party

Como é habitual a tarde previa á inauguración, a XGN Intermax abrirá mañá ás 16.00h as súas portas de forma non oficial na súa xornada pre-party. Farao para facilitar o acceso graduado dos inscritos e a instalación tanto dos seus equipos como dos seus útiles para durmir na zona de acampada.

Os rexistrados que acudan tamén poderán comezar a empregar os seus equipos, aínda que será unha xornada centrada na realización de distintas probas técnicas e de montaxe para a posta a punto da party e para garantir a estabilidade da conexión de cara ao día seguinte. Así mesmo, o programa de actividades comezará o venres 1 de novembro, día oficial da apertura do evento.

Relacionadas

A Deputación supervisa os traballos que está a desenvolver para a conservación e mellora...

0
Os deputados provinciais Isabel Couselo e Javier Tourís visitaron xunto co alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, os traballos incluídos no acordo marco de obras...

O BNG de Vigo presenta máis de 150 alternativas ao proxecto de Orzamentos Municipais...

0
A fronte nacionalista rexistra unha ampla batería de emendas parciais por importe de 22 millóns para que as contas do Concello do vindeiro ano...

Tecnoloxía de vangarda para unha xestión eficiente da auga en Tomiño

0
O Concello inviste 45.000 na instalación de contadores intelixentes en vivendas para reducir fugas e optimizar o consumo financiado ao 80% por Augas de...

O Concello de Redondela presenta a programación do 25N co lema “Sempre hai saída”

0
O programa inclúe conferencias, exposicións, clases de autodefensa, contaconto, performance e obradoiros para o alumnado de institutos e colexios. A alcaldesa, Digna Rivas, salientou...

A Deputación e Editorial Galaxia imaxinan escenarios futuros para a cultura no 1º Foro...

0
Co lema ‘Pensar para Adiante. Culturas, Artes e Identidades’, o encontro reúne este xoves no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra a Germán Labrador,...

O BNG rexeita que Jorge Cubela suba a taxa do lixo de 45 a...

0
Ernesto Filgueira: “Ao PP, cando está na oposición, éncheselle a boca a falar de reducir taxas e impostos, pero cando teñen a oportunidade de...

Publicacións Relacionadas