HomePontevedraAs obras de humanización nas rúas Salgueiral e Cardosas obrigan ao peche...

As obras de humanización nas rúas Salgueiral e Cardosas obrigan ao peche do tráfico para realizar os traballos asfaltado

- Anuncio -spot_img

– Os traballos de asfaltado das obras de humanización da zona obrigarán ao corte de tráfico na rúa Salgueiral, desde a rotonda ata o número 11, desde o luns 14 ás 07.00 horas, ata o martes día 15 ás 17.00 horas. O corte de tráfico na rúa Cardosas será o mércores día 17 desde as 07.00 ata as 17.00 horas.

– A alcaldesa, Digna Rivas, explica que as obras de remodelación farán desta céntrica zona da vila un lugar máis accesible para os peóns, facilitando os desprazamentos das persoas con mobilidade reducida. As rúas contan con beirarrúas máis amplas, novo mobiliario urbano e iluminación máis eficiente.

A concellería de Urbanismo do Concello de Redondela informa que, por mor dos traballos de asfaltado, as rúas Salgueiral e Cardosas estarán pechadas ao tráfico de xeito temporal. No caso da rúa Salgueiral, no tramo desde a rotonda ata o número 11 da rúa, o peche será o vindeiro luns, día 14, desde as 07.00 horas, ata o martes día 15 ás 17.00 horas. O corte de tráfico na rúa Cardosas será o mércores día 17 desde as 07.00 ata as 17.00 horas.

A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que o obxectivo fundamental das obras de humanización desta zona é “a revitalización dun espazo público deteriorado e que é fundamental na vida da vila”. As obras van permitir que esta céntrica zona de Redondela sexa “máis accesible para todas as persoas, dando prioridade aos peóns e facilitando os desprazamentos das persoas con mobilidade reducida”. Instáronse beirarrúas máis amplas de pedra, novo mobiliario urbano, zonas verdes e iluminación máis eficiente. A actuación contempla tamén un novo escenario na zona sur, nun espazo que actualmente se emprega para actuacións no Festival Internacional de Títeres. O proxecto, de case un millón de euros, foi acordado no anterior mandato co plan da Deputación PON2030.

Para minimizar as posibles afeccións destas obras á circulación, recoméndase como alternativa para os non residentes o desvío dos vehículos pola praza de Ponteareas.

Publicacións Relacionadas