Home O Morrazo Marín As obras do Centro Socio Cultural seguirán adiante cos prazos previstos

As obras do Centro Socio Cultural seguirán adiante cos prazos previstos

- Anuncio -

Así llo comunicou a alcaldesa, María Ramallo, aos portavoces nunha Xunta que convocou a pasada semana.

A alcaldesa, María Ramallo, presidiu esta mañá a Xunta de Portavoces que convocou a semana pasada para trasladar aos representantes dos grupos da Corporación municipal as novidades en torno á execución das obras do Centro Socio Cultural.

As obras iniciáronse no último trimestre de 2022, coa execución das catas iniciais e as primeiras escavacións. Ante o inicio das escavacións, presentáronse dúas situacións. No que respecta ao nivel da auga, apareceu de xeito máis superficial do que inicialmente estaba previsto no estudo xeotécnico que se levou a cabo antes de iniciar as obras.

Isto supón, tal e como trasladan os técnicos, complicacións á hora de executar a parte do soto do edificio, que albergaría apenas 12 prazas de estacionamento para uso de artistas. Por tanto, á espera de ter toda a documentación técnica lista, o Goberno local considera razonable prescindir deste soto para poder manter o ritmo de execución da edificación.

Ademais, desde a empresa notificaron a necesidade de propoñer unha alternativa nunha parte da cimentación. Isto prodúcese porque apareceron nas excavacións restos dunha escollera, que obrigan a prantexar unha cimentación a base de micropilotes.

En ambos casos, tal e como indicaron desde o Goberno local, estamos ante coxunturas propias dunha obra deste calado nun espazo cercano ao mar.

Oque está asegurado é que esta situación non afectará aos prazos de execución das obras, xa que a empresa seguirá traballando seguindo o plan de obra inicialmente previsto.

A alcaldesa adiantou que na Xunta de Portavoces chegouse ao acordo de que se lles facilitará a documentación sobre este cambio cando esta sexa avaliada polos servizos técnicos e administrativos.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas