O venres 3 e domingo 5 de novembro o salón da Casa Cultura de Salvaterra de Miño
acolle as obras de José Gil, un pioneiro do cinema galego. Serán dúas xornadas nas que
o Cinemóbil 3 recibirá as visitas de centros educativos, que serán o venres en horario de
mañá, e público en xeral.
O domingo 5 na Praza do Concello, en caso de choiva trasladarase á Casa da Cultura,
teremos a presentación da biografía de José Gil “Nos días encantados de agosto” de
Manolo González e a continuación sesión vermú coa actuación da Banda de Música de
Salvaterra.