Unha carroza “máxica” trasladará á comitiva real polo Cantiño e O Campo ata o Auditorio
O goberno local vólcase estes días nos preparativos que garanticen unha maxestuosa recepción ao Magos de Oriente, que arribarán ao porto do Xufre a tarde do xoves, ás 17.30 horas. Farano a bordo do “ O Rei do Mar”, un noble galeón que a asociación cultural Dorna da Illa converteu hai uns anos en barco escola para ensinar a o xeito tradicional de navegación e que porá a disposición das Súas Maxestades no tramo final da súa travesía ata a Arousa.
No porto, unha carroza de 16 metros de lonxitude esperará ao séquito real. Compartirán unha plataforma, cedida pola empresa Marconsa, ambientada coa maxia que corresponde a unha recepción real e deseñada para trasladar aos máis cativos a un mundo de ilusión. Alí, no Xufre, o goberno local convida a recibilos e a acompañalos despois nun recorrido que este ano será máis corto que en edicións anteriores xa que as dimensións da carroza limitan o seu acceso a moitas rúas.
Desde O Xufre circularán polo Cantiño ata O Campo e de aí ao Auditorio, donde haberá unha sesión de contacontos que, ademáis, seguirán as Súas Maxestades desde o escenario, para acompañar á cativada nesta tarde especial.
“Confío que a carroza guste máis que a do ano pasado e que pequenos e maiores desfruten dunha tarde especial. Como sempre, estamos a contar coa colaboración tanto do persoal municipal como de asociacións e empresas para conseguir que a tarde do 5 de xaneiro sexa especial”, apunta Luis Arosa, concelleiro de Servizos.
Asociación cultural Dorna da Illa, que converteuno en barco escola para ensinar a maiores e cativos como se navega de xeito tradicional, cun casco de madeira e a vela.



