Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Baixo Miño As últimas innovacións tecnolóxicas chegan á Aula CEMIT de Tomiño

As últimas innovacións tecnolóxicas chegan á Aula CEMIT de Tomiño

- Anuncio -

A mocidade tomiñesa poderá desfrutar de cursos de balde sobre 3d, realidade virtual, drons ou robótica os meses de xullo e agosto

Este verán volven os cursos sobre tecnoloxías disruptivas a Tomiño. A Aula CEMIT prepara dous meses cargados de actividades coas que a rapazada terá a oportunidade de explorar e aprender sobre as últimas innovacións tecnolóxicas dun xeito divertido e creativo. Durante os meses de xullo e agosto, a aula impartirá varios cursos para nenos e nenas de 8 a 11 anos e mozos e mozas de 12 a 16 anos.

No camiño por facilitar a conciliación laboral e familiar e ofrecer a infancia e mocidade alternativas de lecer para desfrutar das vacacións estivais, o Concello por en marcha unha nova edición deste curso que “lles permitirá experimentar con tecnoloxías emerxentes e desenvolver competencias relevantes para o mundo actual e futuro, achegándoos a estas innovacións para facer deles e delas cidadás e cidadáns dixitais competentes”, explica a alcaldesa, Sandra González.

Será un curso de balde cunha duración de 10 horas e con diferentes datas e quendas de participación para que as persoas interesadas poidan escoller a que mellor se adapte á súa axenda. Así haberá clases as persoas interesadas en participar poderán elixir entre sete quendas diferentes dependendo das idades.

A rapazada de 8 a 11 anos poderá escoller entre as semanas:

  • Do 1 ao 5 de xullo.
  • Do 29 de xullo ao 2 de agosto.
  • Do 19 ao 23 de agosto.

Pola súa banda, o grupo de 12 a 16 anos poderá escoller entre as semanas:

  • Do 15 ao 19 de xullo.
  • Do 5 ao 9 de agosto.
  • Do 26 ao 30 de agosto.

As clases impartiranse de luns a venres de 10.00 a 12.00 horas, nas que a rapazada gozará das novas tecnoloxías deseñando obxectos para logo imprimilos nunha impresora 3D, coñecendo o funcionamento das gafas de realidade virtual, programando un dron que faga voos de maneira automática, aprendendo programación e robótica coa placa Micro:Bit e falando dos fundamentos da electrónica coas placas Arduino.

Para obter máis información ou inscribirse as persoas interesadas poden chamar ao 640 95 67 14, mandar un correo a cemit.tomino@xunta.gal ou pasar pola aula CeMIT, situada no parque do Campo da Feira de Tomiño, de luns a venres de 9.15 a 13.45 horas, ademais dos martes de 16.30 a 20.30 h.

Relacionadas

O Concello inclúe a creación dun novo paso de peóns en Concepción Arenal

0
Aproveitando a mellora da urbanización desta zona que se está a executar, dotouse ao tramo que vai da Rotonda das Anclas ao cruce con...

Luis López destaca un esforzo de máis de 900.000 euros da Deputación para mellorar...

0
O presidente provincial visita o concello da Cañiza para inaugurar o campo de fútbol, no que a Deputación investiu 630.000 euros para financiar unha...

Calendario de actividades para o fomento da lectura de setembro-outubro de 2024

0
TALLERES DE CREACIÓN LITERARIA e VI CONCURSO DE CONTO CURTO PAZOS DE BORBÉN Hai uns días comezouse a programar as actividades de outono-inverno coa...

Luciano Otero asegura que o próximo mércores pode quedar desbloqueada a firma do convenio...

0
• Alternativa Veciñal, co alcalde Luciano Otero á cabeza, asinará o convenio sempre e cando sexa ratificado por todos os membros da corporación, incluíndo...

A Festa da Lamprea: arraigo, historia, tradición e cultura dunha vila

0
A resolución asinada o 16 de xaneiro de 2023, na cal se acordaba conceder o Titulo de Festa de Interés Turístico Internacional á Festa...

Tomiño aposta pola vida activa da súa veciñanza cunha axenda de actividades saudables

0
Baixo o nome de Impacto saudable, o Concello pon en marcha un programa para fomentar o deporte a todas as idades A primeira cita será...

Publicacións Relacionadas