O concello de Soutomaior pon a disposición da veciñanza este novo servizo mediante o cal as veciñas e veciños do concello poderán renovar ou facer o DNI de forma directa no concello de Soutomaior. Un servizo que terá unha periodicidade mensual, o 30 de xuño será o primeiro día no que se poña en funcionamento esta positiva iniciativa para o concello.
2Manu Lourenzo, alcalde de Soutomaior, e o concelleiro de Réxime Interior, Diego Moreira, reuníronse esta mañá cos inspectores da Policía Nacional Esteban Pinilla e Arturo Mediavilla. O obxectivo deste encontro é o de formalizar a visita da División de Documentación da Policía Nacional co fin de achegar o servizo de expedición do DNI e do pasaporte ao concello de Soutomaior.
Trátase do Proxecto VIDOC, que consiste en oficinas móbiles da Policía Nacional, no caso de Soutomaior instalarase no propio concello, que permiten, nun solo trámite, obter ou renovar o DNI , pasaporte en concellos, como o noso, onde non existen Comisaría ou oficina da Policía Nacional.
Un novo avance na boa xestión do concello de Soutomaior que facilitará este trámite á veciñanza que ata o de agora tiña que trasladarse a cidades veciñas e perder unha mañá en realizar o DNI ou a súa renovación.
Dende o Concello ofreceron todo tipo de facilidades para que esta oficina móbil conte coas mellores prestación durante as xornadas que pase en Soutomaior.
O 30 de xuño será a primeira data onde esta oficina móbil chegará a Soutomaior, as citas pediranse de maneira directa nas oficinas do concello en horario de 9:00 a 14:00h. O concello avisará nas vindeiras semanas da apertura destas citas para que a veciñanza poida beneficiarse deste servizo.