HomeBaixo MiñoA GuardaAs visitas guiadas gratuítas permiten coñecer a historia do Castro de Santa...

As visitas guiadas gratuítas permiten coñecer a historia do Castro de Santa Trega esta Semana Santa

- Anuncio -spot_img
  • De mércores a domingo de Semana Santa ofreceranse ata catro visitas diarias

Esta Semana Santa volven as visitas guiadas ao Castro de Santa Trega, organizadas polo Patronato do Monte Santa Trega. Estas visitas son de carácter gratuíto e non precisan reserva.

Como punto de encontro para o comezo é o aparcamento da Casa Forestal, xusto despois de pasar a zona do castro pola estrada. Durante 45 minutos as persoas asistentes aprenderán sobre a historia do castro e da vida dos seus habitantes. A visita céntrase no valor arqueolóxico da zona escavada do Castro, nun percorrido de menos dun kilómetro que inclúe o Barrio da Mergelina e as viviendas reconstruídas.

Para esta Semana Santa organízanse ata catro visitas diarias de mércores a sábado: dúas en horario de mañá, ás 11:00h e ás 12:30h; e dúas pola tarde, ás 16:30h e ás 18:00h. O domingo só se realizaran as visitas en horario de mañá.

Estas visitas pódense completar coa visita ao MASAT (Museo Arqueolóxico Santa Trega) na cima do monte, así como coa visita á capela ou cun percorrido ás sendas de sendeirismo e aos miradores de 360º que ofrece o monte.

Publicacións Relacionadas