Home O Morrazo Cangas As vivendas de Nazaret cada día máis próximas a converterse en vivendas...

As vivendas de Nazaret cada día máis próximas a converterse en vivendas sociais

- Anuncio -

Esta é unha loita que mantén a Alcaldesa Victoria Portas desde que entrou na corporación en xuño do 2019, como Concelleira de Servizos Sociais

Onte no Pleno do Concello aprovouse por unanimidade a proposta de Alcaldía da desafectación de 6 vivendas de Nazaret e o compromiso de seguir loitando pola desafectación das restantes e das existentes en Aldán-Espiñeira.

Esta é unha loita que mantén a Alcaldesa Victoria Portas desde que entrou na corporación en xuño do 2019, como Concelleira de Servizos Sociais, a falta de acceso a unha vivenda digna é un dos grandes problemas sociais no noso concello e na maioría dos dos Concellos de Galicia. A imposibilidade de acceder a unha vivenda axeitada e accesible económicamente impiden loitar contra a pobreza na Galiza.

Vivimos nunha terra moi castigada desde fai anos coas políticas estatais, e iso demostrase cos datos estadísticos que indican que o 35% da nosa poboación, (+- 1 millón de persoas) , está afectada por algún indicador de exclusión na vivenda, situación que empeorou por esta pandemia da COVID-19 que xerou un aumento dos gastos derivados do acceso á vivenda.

Desde o Concello queremos aportar o noso gran de area pondo a disposición vivenda social e vivenda de uso temporal (estamos a falar entre 8-9 vivendas) para poder paliar dita situación na nosa contorna, pero para que este proxecto sexa unha realidade ainda nos queda moito camiño, para o cal pedimos a Xunta de Galicia un aumento dos seus orzamentos e axudas en coordinación co Concello para rehabilitación e posta a disposición de ditas vivendas o antes posible, os fondos NextGenerationUE serían a solución perfecta para este proxecto. Os Concellos solos non podemos facelo.

Aínda con dificultades a corporación, no día de onte, demostrou a súa implicación con esta proposta e seguiremos xuntxs camiñando ata a súa consecución.

Xa se levaba tempo traballando nun borrador de Regulamento de usos de ditas vivendas, coa implicación non sólo dos servizos sociais do Concello senón tamén con colectivos implicado na loita contra a pobreza como #OsNinguéns e a RedeGalegaContraAPobreza, neste intre o borrador atópase nas masn da corporación municipal para que teñan un tempo para traballar sobre dito documento e pronto afrontaremos unha reunión para as novas aportacións.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas