Home Pontevedra Deza As xestións comerciais da feira Abanca Semana Verde apuntan a cifras récord...

As xestións comerciais da feira Abanca Semana Verde apuntan a cifras récord na súa 44ª edición, que será do 2 ao 5 de xuño

- Anuncio -

• SE BEN SE ESTÁN REALIZANDO AÍNDA CONTACTOS E DEBEN PECHARSE CONTRATOS NOS VINDEIROS DÍAS, AS EXPECTATIVAS PARA A SÚA ÁREA EXPOSITIVA SON EXCEPCIONAIS

• O SEU PROGRAMA TAMÉN VOLVERÁ A CARACTERIZARSE POLA GRAN CANTIDADE DE PROPOSTAS E A DIVERSIDADE

A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia ultiman a súa 44ª edición, a cal regresa ás súas datas habituais tras a súa convocatoria especial de setembro do ano pasado. Así, do 2 ao 5 de xuño volverá converterse de novo no gran certame de mostras e lecer do noroeste peninsular.

Para esta nova cita a Fundación Semana Verde de Galicia está inmersa na organización da súa área expositiva e a dos seus certames paralelos, o Salón de Alimentación do Atlántico (Salimat Abanca); o Salón Turístico de Galicia (Turexpo Galicia); a Feira de Festas de Interese Turístico (Festur) e a Feira de Caza, Pesca e Natureza (Fecap Abanca). Así, estes días o equipo da feira está a realizar aínda contactos e deben pecharse contratos nos próximos días, pero as expectativas para a exposición son excepcionais e as xestións comerciais do certame apuntan a cifras récord nesta edición.

En canto ao seu programa, que tamén se está definindo, volverá caracterizarse pola súa amplitude e diversidade. Incluirán de novo actividades orientadas a profesionais e a público xeral e tanto novidades que sorprenderán aos visitantes como propostas consolidadas que contan con gran éxito todos os anos.

Entrada gratuíta

Exposición e actividades conforman en Abanca Semana Verde de Galicia unha proposta única no calendario feiral, á que ademais pode accederse de forma gratuíta por duodécimo ano consecutivo. Soamente se abonará o aparcamento, cun módico prezo destinado un ano máis a incrementar a calidade do programa de actividades.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas