As Xornadas Micolóxicas de Mos cumpren 2 décadas de vida homenaxeando á veteranía e formando á cativada

adminON
Lectura mínima de 5

As dúas grandes novidades deste ano son o recoñecemento a Tomás do restaurante Adega da Tía Carmen, pioneiro da iniciativa, e a creación das ‘Micoescolas’ no ábito educativo

Esta tarde celebrouse no Pazo de Mos a presentación da 20 Edición das Xornadas Micolóxicas de Mos á que asistiron a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, a concelleira de Medio Ambiente do Concello de Mos, Laura Méndez, o Presidente Comunidade de Montes de Mos, Manuel Barciela, o Presidente Fundación Pazo de Mos, Ramón Vilanova; Lucía Alonso, Presidenta da Asociación BaRes Mos e os hostaleiros participantes na Gran Degustación do domingo 10 de novembro: Lucía Alonso e Rosana Lorenzo de Quinta da Rivas, Tomás Alonso e Carmen da Adega da Tía Carmen, Montserrat Iglesias de O Bocadiño, Manuel Seijo de Tapería Baxiña, José Maceira de Bar Maceira e Estrella Rodríguez de Curuxeira.

A alcaldesa Arévalo informou a este respecto dunha importante novidade “este ano váiselle facer a Tomás de Adega da Tía Carmen unha homenaxe por ser o pioneiro da iniciativa. Xa que é o único que leva participando, sin excepción, durante os 20 anos de celebración das Xornadas. E sempre promovéndoas e impulsándoas”. Explicou a rexedora local mosense, quen tamén destacou os 20 anos de traxectoria, as 2 décadas de historia desta celebración senlleira.

As XX Xornadas Mocolóxicas e Forestais do Concello de Mos inclúen na súa programación a habitual serie de charlas que comezan desde hoxe 4 de novembro e se prolongarán ata o venres día 8 e celebraranse todas no Pazo de Mos ás 20.30h.

O programa inclúe tamén o sábado 9 de 10h a 13.30h a habitual saída didáctica para recollida de cogomelos.

E o domingo día 10, xornada da Gran Degustación, o programa de actividades comezará ás 10h cunha saída de identificación de herbas medicinais. Ás 11h apertura da mostra micolóxica. Ás 12h comezo da Gran Degustación e VII Micomercado e Concerto da Banda de Acordeóns Metropolitana. Ás 13h Animación Barafunda: contos, xogos e experiencias. E ás 16h Os Bolechas: Ruada en Mos.

Os pratos que ofertarán os hostaleiros de Mos serán os seguintes:

CURUXEIRA:

-Tortilla de setas con xamón.

-Espaguetis con espinacas e setas.

-Tiramisú de trufa.

MACEIRA:

-BURGUER VEGANA CON MERMELADA DE BOLETUS. Pan Rústico. Rúcula. Patie (zanahoria, garbanzos e tofu). Queso Gouda vegano. Mermelada de boletus edulis.

-BURGUER DE POLO CON MERMELADA DE BOLETUS. Hamburguesa de polo con rebozado Crispy. Queso Monterrey Jack. Rúcula. Mermelada de boletus edulis.

BOCADIÑO:

-Tosta de bacon con setas e nata.

-Garbanzos con cogomelos e setas (vegano).

ADEGA DA TÍA CARMEN:

-Empanada de millo con setas e castañas (vegano).

-Empanada de trigo con setas e castañas.

-Croquetas de millo con setas e castañas.

-Empanadillas de setas con castañas (vegano).

BAXIÑA:

-Setas á feira (vegano).

-Croquetas de shiitake.

-Setas eryngii con salsa de portobello con allo á plancha.

QUINTA DA RIVAS:

-Caldo de setas de tempada.

-Arroz de verduras e setas (vegano), (ovo plancha opcional).

-Brownie con noces, avelá e crema de castaña.

En todos os casos o prezo será de 6 €/ plato. Tamén haberá un menú infantil para os máis pequenos.

Esta XX Edición das Xornadas é posible grazas ao apoio da Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra así o traballo de Comunidade de Montes, Fundación Pazo de Mos e hostaleiros.

‘Micoescolas’

A gran novidade das Xornadas Micolóxicas deste ano é a iniciativa de trasladar a micoloxía ás aulas, ao ámbito educativo; e para elo realizaranse sendas actividades en colexios e instituto mosenses.

Nos CEIPs levarase a cabo unha xornada de cultivo de cogomelos para que o alumnado poida cultivar o seu propio fungo de xeito doméstico.

No caso do IES farase un obradoiro para amosar as características fundamentais dos fungos, así como as diferencias e rasgos precisos para a súa identificación. Axudarase ao alumnado a comprender a súa biodiversidade e valor ecolóxico e social. Levaranse cogomelos frescos para que o alumnado os poida observar. E no exterior do IES, nun monte lindante, realizarase unha saída ao campo para a recollida de cogomelos e observación e manipulación das diferentes clases.

O venres 8 de novembro a ‘Micoescola’ estará no CEIP Mestre Martínez Alonso con alumnado de 6º de Primaria. E o luns 11 de novembro estará no IES de Mos con alumnado de 1º da ESO.

Comparte este artigo