Concello, comisión de festas e a asociación Un Máis promoven un ano máis este espazo para que todos os nenos e nenas poidan desfrutar. Será o domingo 14 de 17.00 a 20.00 h
Tomiño prepárase para que todas as persoas poidan desfrutar das tradicionais Festas do Alivio. Un ano máis, o Concello, a Comisión de Festas da Nosa Señora do Alivio e a asociación de nais, pais, familias e amigos de persoas con TEA ‘Un Máis’ promoven unha tarde de atraccións sen música nin megafonía, unha iniciativa coa que se busca reducir os niveis de ruído e facilitar que as persoas con hipersensibilidade auditiva ou calquera outro trastorno que produza problemas sensoriais poidan gozar das atraccións e da festa.
Para iso, este domingo 14 de setembro de 17.00 a 20.00 horas tomiñeses e tomiñesas poderán gozar de tres horas de atraccións sen son, música ou megafonía e non se realizará ningunha actividade que prexudique ou desfavoreza o uso e desfrute das atraccións e actividades por parte das persoas con sensibilidade acústica.