Home Pontevedra Poio Automobilismo e ciclismo, protagonistas nunha fin de semana moi deportiva na Escusa

Automobilismo e ciclismo, protagonistas nunha fin de semana moi deportiva na Escusa

- Anuncio -

• O sábado 10 terá lugar a XXIII Subida á Escusa, organizada pola Escudería Buxa Motor, mentres que o domingo terán lugar a VII Mini BTT Poio e o XCO Poio, probas impulsadas polo Poio Bike Club

• O Concello de Poio colabora na posta en marcha destas citas

A segunda fin de semana do mes de xuño converterá á contorna da Escusa, na parroquia de San Xoán, no centro neurálxico do deporte na bisbarra. O automobilismo e o ciclismo cobrarán protagonismo durante os días 10 e 11, respectivamente. O sábado 10 chegará a vixésima terceira edición da Subida á Escusa, organizada pola Escudería Buxa Motor, en colaboración co Concello de Poio e outras institucións. A día de hoxe aínda permanecen abertas as inscricións, que se pecharán o vindeiro 5 de xuño. Se ben o venres 9 haberá as verificacións administrativas opcionais, a gran data deste evento, unha das probas de motor de referencia da bisbarra, será o día 10, desde primeira hora da mañá.

Como xa é habitual, os vehículos participantes realizarán as mangas de adestramentos e as tres carreiras cronometradas pola estrada EP-9214, que une o núcleo de Sartal coa Escusa, cun percorrido que rolda os 3,3 quilómetros de extensión aproximadamente. Esta proba será puntuable para a Copa Galicia de Montaña. Unha vez rematadas as probas nas súas diferentes categorías, o acto de entrega de premios terá lugar na Seca. A organización repartirá máis de 7.000 euros entre os e as participantes mellor clasificadas. Poio Bike Club

Xa o domingo 11 todo o protagonismo será para as bicicletas, grazas a dúas probas que organiza o Poio Bike Club, en colaboración coa Comunidade de Montes de San Xoán e o Concello de Poio. Pola mañá, chegará o Mini BTT Poio, unha proba pensada para as crianzas e que chega xa á súa oitava edición. Será no Monte Castrove, desde as 9.30 ás 14.30 horas, e se prevé a participación duns 300 corredores e corredoras aproximadamente.

Pola tarde chegará o XCO Poio, unha modalidade ‘Cross Country’ que é disciplina olímpica desde 1996. Neste caso, será unha carreira que formará parte da Copa de Galicia de XCO, tanto masculina como feminina, e contará coas categorías cadete, junior, sub23, elite e máster. O horario será de 17.00 a 20.00 horas. Para velar polo desenvolvemento das probas e a seguridade do público estableceranse os pertinentes dispositivos de seguridade, en colaboración coa Policía Local e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas