HomePontevedraCaldasAvanzan a bo ritmo as obras de pavimentación do núcleo de Ruibal,...

Avanzan a bo ritmo as obras de pavimentación do núcleo de Ruibal, que visitou o alcalde, José Cela

- Anuncio -spot_img

O alcalde, José Cela, estivo esta mañá xunto cos operarios encargados do asfaltado que se
está a levar a cabo no lugar de Ruibal, en Amil.

Actuouse en toda esta zona para mellorar a infraestrutura viaria, pero tamén para renovar toda a canalización das augas pluviais, reasfaltando e deixando a pavimentación en perfecto estado.

Cela remarca a importancia que ten actuar nas nosas parroquias. “Facer inversións no rural é fundamental. Todos os veciños e veciñas de Marín teñen o mesmo dereito a ter uns espazos urbanos en boas condicións”.

O orzamento total supera os 32.000 euros de inversión e supón a demostración do compromiso do Concello de Moraña con todas as parroquias da vila.

Publicacións Relacionadas