Avanzan as obras de mellora nos vestiarios das instalacións deportivas do Casal

adminON
Lectura mínima de 2

Continúan a bo ritmo as obras de mellora nos vestiarios e almacéns das Instalacións  Deportivas de O Casal, financiadas a través do Plan + Provincia 2024, que buscan mellorar  o estado da edificación, derivado do elevado uso diario e da antigüedade das propias instalacións. 

Estas obras cunha inversión total de máis de 106.000 euros céntranse nos acabados,  tanto interiores como exteriores, e na cuberta, de forma que se pretende mellorar o  aspecto xeral das edificacións con parámetros máis fáciles de limpar e desinfectar nos  vestiarios e conseguir unha mellora no illamento térmico tanto nas fachadas como na  cuberta da construcción provocando unha mellora instantánea no confort do interior dos  vestiarios. 

O edificio que foi construído nos anos 90, nunha primeira fase contaba exclusivamente  con 2 vestiarios. Posteriormente ante o aumento exponencial de usuarios, sobre todo de  nenos e nenas nas escolas de fútbol, aumentouse a edificación construíndo 2 vestiarios  máis simétricos ós existentes e unha sala de maior tamaño utilizada como cantina. 

O sistema constructivo utilizado no seu momento precisaba unha reforma de calado que  permitira acabar coas filtracións de auga e a humidade existente na edificación. Todo  isto levarase a cabo coa colocación de canalóns, a cubrición da cuberta con panel de  chapa de aceiro sobre un rastelado, protexendo a edificación exteriormente cun zócalo  de pedra e interiormente nalgúns parámetros, ademais de realizar diversas actuacións  que mellorarán a calidade das instalación. 

Actualmente as Instalacións Deportivas de O Casal son o lugar onde as Escolas  Deportivas, a S.D. Salvaterra e os afeccionados do Casal realizan os seus adestramentos.  En total son máis de 200 usuarios e usuarias que fan uso das instalacións semanalmente.

Comparte este artigo