O 18 de outubro remata o prazo para o pagamento en periodo voluntario dos recibos do IBI, o Imposto sobre Bens Inmobles de natureza urbana e rústica do exercicio 2024. Os contribuíntes que non recibiran no seu domicilio as cartas de pagamento (recibos) necesarios para realizar o pago en calquera das sucursais de Abanca, Caixabank, BBVA ou Banco Santander poderán solicitar un duplicado na Oficina de Recadación e Xestión Tributaria do Concello de Redondela, na rúa Ernestina Otero nº 35. O horario de atención ó público é polas mañás de luns a venres de 9:00 a 14:00 e tardes de luns a xoves de 16:00 a 19:00 horas. Tlfno. 986408374. Correo electrónico: redondela@canaltributos.com
A xestión pode facerse tamén a través da Oficina Virtual Tributaria na web do Concello:
https://redondela.tributoslocales.es.
Finalizado este prazo o cobro realizarase pola vía executiva cos recargos de apremio regulamentarios.

