Home Deza Agolada Axentes Ambientais localizan a un furtivo pescando troitas no Tambre en época...

Axentes Ambientais localizan a un furtivo pescando troitas no Tambre en época de veda e cunha arte ilegal

- Anuncio -

— O pescador, veciño de Agolada, foi interceptado con 65 exemplares por debaixo da talla mínima permitida grazas a un operativo de seguimento e vixilancia no que colaborou persoal de Medio Ambiente de Pontevedra e A Coruña e a Garda Civil

— Na denuncia atribúeselle ao presunto infractor varios feitos susceptibles de ser tipificados, polo menos, como dúas infraccións graves da Lei de pesca continental

Axentes ambientais dependentes da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda localizaron a semana pasada a un furtivo que pescaba troitas no río Tambre en época de veda e utilizando unha arte de captura masiva prohibida. No momento en que foi interceptado, levaba unha cesta con 71 troitas das que tan só 6 acadaban a medida mínima legal permitida no tramo fluvial.

A actuación enmarcouse nun operativo conxunto contra a práctica de actividades ilícitas en torno á pesca continental, no que ademais de catro axentes pertencentes ás xefaturas territoriais de Pontevedra e da Coruña, tamén colaborou a Garda Civil.

Os feitos producíronse na madrugada do 13 de agosto, logo de que o persoal do Distrito XVI Deza-Tabeirós iniciara un operativo de control do pescador, residente no municipio pontevedrés de Agolada e ao que tiñan baixo seguimento desde facía dous meses. O presunto furtivo comezou a súa actividade no río Tambre, ao seu paso por Boimorto, e no momento en que se dirixía de volta ao seu vehículo, os axentes interceptárono.

Nese momento, puideron comprobar que o pescador levaba un macuto cunha cesta na que contabilizaron un total de 71 troitas, na súa maior parte de talla ilegal. Tamén portaba unha chumbeira —rede de pesca de forma circular e provista de chumbos ao redor que se utiliza en lugares de pouca profundidade e cuxo uso está prohibido— e un vadeador, material que lle foi incautado xunto cos exemplares do cesto.

En todo momento o furtivo mantivo unha actitude de escasa colaboración cos axentes, dificultando a súa actividade inspectora. De feito, negouse a facilitar a entrega do material que portaba e tras darlles o contido do macuto, fuxiu precipitadamente no seu vehículo, co conseguinte perigo para a integridade dos axentes ambientais.

Por esta razón, os funcionarios da Consellería deron aviso do ocorrido á Garda Civil, que enviou unha patrulla de apoio esa mesma noite e os acompañou ata o enderezo do pescador, en Agolada, onde non puideron localizalo ata dous días despois.

Tras proceder á súa identificación, os axentes do servizo de Patrimonio Natural notificáronlle que ía ser denunciado por desenvolver unha actividade de pesca cunha arte prohibida en horas e época inhábil, negarse á súa identificación, proceder a darse a fuga nun vehículo poñendo en risco a integridade física dun axente e por desobediencia aos requirimentos dos axentes da autoridade no exercicio das súas funcións, este último feito denunciado tamén ante a Delegación do Goberno.

Pola comisión dos feitos descritos no río Tambre o pasado 13 de agosto, o presunto furtivo poderá ser sancionado, polo menos, por dúas infraccións graves incluídas na Lei 2/2021, do 8 de xaneiro, de pesca continental en Galicia.

Todo o peixe incautado foi entregado no establecemento de beneficencia Cottolengo do Padre Alegre, situado en Santiago de Compostela. En canto á chumbeira, o macuto co cesto e o vadeador incautados tamén polos axentes, están depositados na Estación Ictiolóxica de Ximonde, dependente da Consellería de Medio Ambiente.

Grave afección para as poboacións de troita común
Cómpre subliñar a gravidade dos feitos, xa que este tipo de actividades ilícitas producen unha gran afección sobre as poboacións de troita común nos ríos galegos, especie que representa un importante patrimonio de todos os cidadáns e que mediante a pesca continental regulada desenvolve unha actividade económica importante. A meirande parte destas accións furtivas, como ocorría no caso do pescador interceptado a semana pasada, están relacionadas coa venda ilegal de troitas, xa que a súa comercialización está terminantemente prohibida.

Por todo o exposto, hai que destacar a profesionalidade dos axentes ambientais participantes nos operativos antifurtivismo que se desenvolven en Galicia así como o inestimable papel da Garda Civil, sempre disposta a colaborar nestas accións contra a práctica de actividades ilegais de furtivismo en torno á pesca continental.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

Publicacións Relacionadas