Home Tabeirós Forcarei Axentes da consellería de Medio Ambiente interceptan en Forcarei a un furtivo...

Axentes da consellería de Medio Ambiente interceptan en Forcarei a un furtivo con máis de 30 troitas por debaixo da talla legal

- Anuncio -

O pescador será denunciado por exceder o cupo máximo de capturas, establecido en seis troitas por persoa e día, e por pescar exemplares con medida ilegal

Axentes medioambientais dependentes da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda sorprenderon a semana pasada no concello de Forcarei a un pescador que levaba na cesta un total de 38 troitas, das cales 33 non cumprían coa talla legalmente establecida.

Os feitos producíronse sobre as 19,00 horas do venres 14 de maio, cando axentes do distrito XVI Deza-Tabeirós interceptaron ao furtivo no río Freixeira, un afluente da parte alta do río Lérez. Tras revisar as súas capturas, comprobaron que só cinco das troitas daban a talla legal que nesta zona é de 19 cm e algúns dos exemplares medían menos de 10 cm.

Por este motivo, o pescador interceptado, con residencia no municipio de Forcarei, será denunciado pola comisión de dúas infraccións: exceder o cupo máximo de seis troitas por día e persoa, e pescar 33 exemplares de tamaño ilegal xa que incumprían a medida regulamentaria.

Cómpre subliñar que se está a detectar en Galicia un incremento das denuncias a pescadores sorprendidos cun gran número de troitas no cesto, o que fai sospeitar que existe un mercado que as demanda.

Aínda que non é a primeira vez que se detectan prácticas deste tipo en augas da Comunidade, operativos contra o furtivismo como o da semana pasada resultan moi complexos e pouco habituais xa que é difícil sorprender in situ aos infractores.

Todas as troitas interceptadas polos axentes medioambientais neste operativo foron entregadas na Residencia de Maiores da Estrada.

Relacionadas

A Deputación leva ata A Estrada o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 18 de abril, ás 19:00 horas, no Museo do Moble e a Madeira...

A vicepresidenta Luisa Sánchez visita a Fundación Provincial do Banco de Alimentos de Vigo

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, xunto coa deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, visitou hoxe a sede que a Fundación Provincial...

Cannabis e cocaína, as substancias máis consumidas das persoas usuarias da Asociación Érguete en...

0
A maioría das persoas que accederon a entidade a través do seu Servizo Xurídico comezaron a consumir entre os 15 e 18 anos Unha das...

Zafarrancho de limpeza nas rúas Antón Vilar Ponte e Altamira

0
A Concellaría de limpeza viaria dirixida por Xaquín Moreda realiza esta semana un zafarrancho de limpeza nas  rúas Antón Vilar Ponte e Altamira.   Como vén...

A Xunta convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública cursos para o...

0
― Cervo e Baiona acollerán dúas edicións válidas para a inscrición no ‘Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia’ ―...

O Concello de Nigrán inaugura o muíño de Porto do Molle este sábado con...

0
A festa, aberta a toda a veciñanza, terá lugar a partir das 11:30 horas coa presenza das 'Pandereteiras do Sobreiro', a proxección da curta...

Publicacións Relacionadas