HomeVigoBaionaBaiona celebra a terceira edición do Festival Peregrino "Encontros no Camiño", tres...

Baiona celebra a terceira edición do Festival Peregrino “Encontros no Camiño”, tres días de música, arte e tradición

- Anuncio -spot_img

O Concello de Baiona presenta a terceira edición do Festival Peregrino: “Encontros no Camiño”, un evento cultural e festivo que este ano dá un salto cualitativo e amplía a súa programación a tres días. A cita terá lugar o venres 12, o sábado 13 e o domingo 14 de setembro, converténdose nunha das grandes despedidas do verán tanto para visitantes como para veciños da vila.

O festival, organizado polo Concello de Baiona coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia de Turismo de Galicia, naceu como unha proposta cultural pensada para todos os públicos e, edición tras edición, consolidouse como un espazo de encontro ao ancho do Camiño De Santiago pola Costa ao seu paso pola Vila onde a música, a tradición, o patrimonio e a creatividade teñen un papel protagonista

A programación deste ano contará con artistas de referencia e actividades para toda a familia. O venres 12, o festival abrirá no Parque da Palma cos teloneiros La Patrulla ás 21:00 h e o concerto estelar de The Rapants que dará comezo sobre as 22:30 h.

O sábado 13 a xornada comezará nos Xardíns do Museo da Navegación co espectáculo familiar de Brais das Hortas ás 12:00 h, seguirá co Obradoiro Familiar na Praza das Teresiñas ás 18:00 h e finalizará co concerto de Uxía Lambán e a Banda Molona na Praza do Concello ás 21:00 h.

O domingo 14 abrirá cun concerto infantil de Pakolas nos Xardíns do Museo da Navegación, seguido do concerto de Señora Dj na Fonte de Zeta ás 13:00 h. Xa pola tarde, a partir das 17:00 h, terá lugar a visita Infantil guiada “Encontros no Camiño” con saída desde a Oficina de Turismo de Baiona, e como broche final, un Obradoiro Familiar  na Praza de Santa Liberata.

Todas as actividades son gratuítas e están deseñadas para atraer tanto ao público local como ao visitante e desta maneira, o Festival Peregrino, “Encontros no Camiño” reafírmase así como unha cita cultural que combina tradición e modernidade, consolidando a Baiona como un destino dinámico e referente cultural na comarca.

O Concello de Baiona convida a veciños e visitantes a gozar desta terceira edición dun festival que é unha das citas máis esperadas do final do verán. Con este festival, o Concello ofrece á veciñanza un festival familiar e para todos os publicos con contidos de actualidade e artistas recoñecidos.

Publicacións Relacionadas