A vila de Baiona festexará o Día das Letras Galegas o vindeiro domingo 18 de maio de 2025 coa celebración do XII Festival Baidemuiñeias, organizado pola Asociación Folclórica Vila de Baiona e o Concello de Baiona, en colaboración coa Asociación de Empresarios e Comerciantes (ACEBA), que este ano terá lugar no Paseo de Pinzón.
O Festival Baidemuiñeiras nace para festexar o día das Letras Galegas. Esta edición ten un carácter máis especial aínda se cabe para a Asociación folclórica, xa que este ano o Día está dedicado ás Cantareiras e á poesía popular oral da sociedade galega.
Ás 17:00h terá lugar o pasacalles desde o Porto Pesqueiro de Baiona ata a zona peonil da rúa Carabela Pinta, onde os grupos participantes bailarán un par de pezas conxuntamente, para logo continuar ata o Paseo de Pinzón onde ás 17:30h comezará o Festival.
Nesta ocasión deleitarannos coas súas actuacións os grupos folclóricos “Ou Carballo dás Cen polas” (Redondela), as “Cantareiras Bulideiras” (Vilagarcía de Arousa), a Asociación Cultural “A Seneira” (Baiona), As “Pandereteiras de Monteboi” (Baiona), e a Asociación Folclórica “Vila de Baiona”.
En caso de choiva o festival trasladarase ao Auditorio V Centenario ás 17:30h.