Con motivo do Día Internacional da Muller o Concello de Baiona, a través da concellería de igualdade e o centro de información á muller organizou unha ampla programación cultural a través do programa “Baiona Lila”subvencionado pola Deputación de Pontevedra, no marco da liña dúas do Plan Más Provincia 2025.
A concelleira de igualdade Sheila González sinala “a importancia de manter a conciencia sobre os dereitos das mulleres durante todo o ano . Todos os días son 8 de marzo, pero é preciso hoxe máis que nunca non baixar a garda polos dereitos das mulleres. Combater o machismo é responsabilidade de todos e todas”
O 7 de marzo ás 12:15 horas inaugurarase na praza de abastos de Baiona, a exposición “Achegas dás mulleres á sustentibilidade do mar”, iniciativa promovida pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa universidade de Vigo e que se poderá visitar ata o 7 de abril. O acto de inauguración aberto ao público en xeral finalizará cun obradoiro impartido por Tamara Amorín, para o alumnado que cursa cuarto de educación primaria no Centro Público Integrado Cova Terreña.
O sábado 8 de marzo ás 18:00 horas no paseo Pinzón, a escola de baila de Baiona HuslingDance organiza unha coreografía grupal co obxectivo de fomentar o empoderamento das mulleres. Todas aquelas persoas que queiran participar poden contactar no teléfono 637988645 .Colabora a concellería de igualdade do Concello de Baiona.
O alumnado de educación infantil dos centros educativos municipais contarán co espectáculo de narración oral “Ou castelo violeta “ a cargo de Bea Campos de Migallas teatro, unha divertida sesión con música que a partir de varios álbums ilustrados reflexiónase sobre a igualdade entre nenas e nenos, a perspectiva de xénero e os estereotipos sexistas . E na galescola “a galiña azul” haberá a sesion de narración oral de “Garavanciña”.
“Inventoras con mentes curiosas” será a actividade dirixida ao alumnado que cursa primeiro e segundo ciclo de educación primaria nos centros escolares e “O arquipiélago da igualdade: illa da corresponsabilidade”, é o título do obradoiro que se desenvolverá en todos os centros escolares para o alumnado que cursa 5º e 6º de educación primaria, e que será impartido por Priscila Retamozo e Cristina Louzán, expertas en igualdade.
Os obradoiros de educación sexual impartiranse no CPI Cova Terreña e IES Primeiro de Marzo, xa que neste caso o alumnado destinatario é o que cursa a etapa de educación secundaria obrigatoria e serán impartidos polo gabinete Amaturi.
O multiusos de Sabaris acollerá do 18 ao 26 de marzo o programa “Mantente activa” que inclúe as seguintes actividades: Hip Hop fit, ximnasia activa , danza afrocubana e chi-out fusión de taichí e ioga. Colabora para a realización do programa a escola de baile de Baiona HuslingDance.
No mesmo multiusos de Sabaris desenvolverase o taller de arteterapia, “Protagonistas” que impartirá a artista multidisciplinar Irene Silva, e que comezará o o xoves 20 de marzo en horario de mañá. O obxectivo é aprender, sensibilizar e practicar a intelixencia emocional como ferramenta para o empoderamento. Aquelas mulleres interesadas en participar en calquera destas actividades poden pedir máis información no teléfono 986 35 75 54 ou a través do correo electrónico cim@baiona.gal xa que é necesaria a inscrición previa.
O domingo 23 de marzo ás 17:00 horas, o Auditorio V Centenario acollerá o espectáculo BULEBULE da compañía Náufragos teatro. Dirixido a público familiar a partir de 4 anos e cunha duración de 45 minutos .Trátase dunha obra que explora os camiños da igualdade, destacando o esforzo de mulleres por derrubar as barreiras que lles impiden acceder a determinadas profesións . O espectáculo é gratuíto pero é preciso acceder con entrada que se poderá descargar a partir do 8 de marzo en despacho de billetes.baiona.gal
Como colofón á programación do mes, o Auditorio V centenario acollerá o espectáculo “ REBOVINA DIVAS AO VIVO “ do grupo De Vacas o sábado 29 de marzo ás 20:00 horas. O cuarteto rebobina no tempo para homenaxear ás grandes divas do pop dos 90: Whitney Houston, Céline Dion, Mónica Naranjo, Beyoncé…, cuxas cancións lles acompañaron nos momentos felices. Para acceder ao espectáculo é necesaria entrada que se poderá descargar @gratuitamente a partir do 8 de marzo en despacho de billetes.baiona.gal.