Iago Farto e Mauro Pazos, ambos os residentes en Baiona e, coñecidos no ámbito competitivo como Trafalgar e Mauro, lograron o título de campións do mundo na categoría dúo do prestixioso torneo Phoenix Darts nun evento celebrado por vez primeira en Europa, na cidade da Coruña.
Ambos foron recibidos no concello polo alcalde Jesús Vázquez Almuiña e a concelleira de Deportes Ana María Iglesias, agradecendo a dedicación e a implicación nesta afección que desexamos que pronto sexa deporte.
Desde o seu club, o Tabu Darts de Baiona, están convencidos que este éxito non só representa un orgullo, senón que supón un impulso para a práctica dos dardos en toda a zona. Unha práctica que reduce #o #estrés, favorece a concentración, mellora as habilidades sociais, reforza o pensamento estratéxico, a autoestima e as habilidades non verbais. Pero para os dardistas esixe dedicación e esforzo, polo que agradecen o respaldo brindado polas autoridades municipais e que, teñen claro, servirá para animar a outros mozos, e non tan novos, a seguir o seu exemplo garantindo
un futuro prometedor.