A fachada do Concello de Baiona iluminouse onte mércores, 1 de outubro, de cor verde con motivo do Día Nacional da Artrite.
Esta iluminación realizouse para dar visibilidade e mostrar apoio aos enfermos desta doenza e ás súas familias.
Cabe lembrar que esta iniciativa, do mesmo xeito que outras similares, enmárcase no compromiso que mantén o Concello de Baiona á hora de apoiar aos grupos de axuda mutua no seu labor de promoción da saúde das persoas afectadas por algunha enfermidade e as súas familias.