HomeVigoBaionaBaiona inaugura a exposición “ Camiños do Sur” na Alameda Carabela Pinta

Baiona inaugura a exposición “ Camiños do Sur” na Alameda Carabela Pinta

- Anuncio -spot_img
  • Os tesouros do roteiro xacobeo, protagonistas na Alameda Carabela Pinta

Que o público coñeza “este paraíso polo que pasa o Camiño”, e tamén “as nosas historias, patrimonio, gastronomía cultura”. É o obxectivo da exposición “ Camiños do Sur”, coa que se quere facer ver que “os mellores camiños que existen son os que atravesan” a provincia de Pontevedra.

A exposición pode visitarse na Alameda Carabela Pinta durante o próximas catro semanas , onde acompañaron na apertura ao Alcalde de Baiona, Carlos Gómez, a deputada de Turismo, Ana Laura Iglesias, e a Concelleira de Cultura de Baiona, Miriam Costas.
“ Camiños do Sur”, que durante a noite iluminará a alameda mediante un cubro retroiluminado coa imaxe da mostra, inclúe un mapa de gran formato cos percorridos dos Camiños de Santiago que proceden de Portugal e atravesan a provincia. Tamén brinda información sobre paisaxes, vilas, persoas e culturas que lindan con estes roteiros históricos entre as que se atopa nosa Villa.

A exposición itinerante “ Camiños do Sur”, que impulsa a Deputación no marco do proxecto europeo “Camiños Xacobeos do Oeste Peninsular”, chegou este martes a Baiona tras o seu paso por Pontevedra.

Publicacións Relacionadas