HomeVigoBaionaBaiona mostra o seu apoio á hostalería e ao comercio con axudas...

Baiona mostra o seu apoio á hostalería e ao comercio con axudas directas

- Anuncio -spot_img

O Concello de Baiona atópase inmerso no proceso de redacción das bases das axudas directas á hostalería e ao comercio da localidade e na creación dun plan de reactivación económica de ambos os sectores.

O alcalde da localidade, Carlos Gómez Prado, revela que estes documentos reflectirán os temas tratados ao longo destes meses nas diferentes reunións cos representantes das distintas asociacións de hostaleiros e comerciantes.

vén mantendo unha serie de reunións cos representantes da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona ( ACEBA) “para analizar os prexuízos que están a ocasionar á hostalería, ao comercio e en xeral ao negocio de proximidade da vila, as medidas derivadas das restricións con motivo do COVID-19”, explica o rexedor. Así mesmo, engade que “Se trata de centrar todos os esforzos, e que as institucións e as asociacións traballemos conxuntamente para apoiar aos negocios de proximidade de Baiona. Como alcalde quero destacar o gran labor que se está facendo desde esta asociación que se está envorcando xa que está a traballar incansablemente na procura de iniciativas. O meu agradecemento e recoñecemento e o de todo o equipo de goberno por este gran traballo”.

Pero o alcalde de Baiona quixo materializar as súas palabras e mostrar todo o seu apoio cunha proposta firme: A de destinar 100.000 euros do remanente de tesourería en axudas directas á hostalería e ao comercio e a exención das taxas de terrazas do ano 2021, que ascendería a 90.000€.

Ademais, Gómez non pecha as portas á creación de novas partidas de axudas para os sectores máis castigados polas duras restricións impostas pola Xunta de Galicia.

“Trátase de acompañar e de apoiar a estes sectores nesta situación complicada, para que a travesía sexa menos difícil, e de adoptar xuntos decisións que permitan dinamizar a economía local, de forma que podamos saír reforzados”, conclúe Gómez Prado.

Publicacións Relacionadas