Home Vigo Baiona Baiona presenta a imaxe da Festa da Arribada 2025

Baiona presenta a imaxe da Festa da Arribada 2025

- Anuncio -

Baiona desvela a imaxe da XIX Festa da Arribada 2025, que se celebrará do 28 de febreiro ao 2 de marzo, nun acto en Sabarís ao que acudiron o Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, Concelleiros e o deseñador e ilustrador da imaxe, David Sierra.

A imaxe destaca pola súa policromía, con cores vivas e rechamantes. A protagonista é a Carabela Pinta navegando cara a Baiona, representada pola Fortaleza de Monterreal, e rodeada de elementos festivos que dan a benvida á tripulación da Pinta ese primeiro de marzo de 1493.

Segundo palabras do Alcalde de Baiona “a imaxe promocional da festa recolle a importancia do feito histórico que conmemoramos, do mesmo xeito que fixeramos o ano pasado. A Festa da Arribada non é unha festa sen máis, é unha festa motivada por un gran contido histórico que fala dun feito que cambiou o rumbo da humanidade e que puxo ao noso municipio nos mapas da historia. A protagonista é sen dúbida a Carabela pero no cartel vemos detalles que nos lembran a Baiona con elementos mariñeiros ou a ilustración da Fortaleza, pero que tamén falan do ambiente festivo que puido haber, hai 532 anos, ante a chegada de noticias novas dunha expedición sen precedentes e que, sen dúbida, ese ambiente festivo é o que teremos na próxima edición da Arribada”.

A Concelleira de Turismo, Sheila González, destaca “o gran traballo levado a cabo polo deseñador que recolleu as premisas do departamento de turismo nas que o protagonista da imaxe tiña que ser o feito histórico da arribada da Carabela Pinta a Baiona. Ademais, é un cartel cheo de detalles como, por exemplo, a constelación que representa a travesía de volta e que é a que aparece no azulexo da arribada,e os elementos que aparecen ao redor, detalles ilustrados que celebran a chegada da carabela e mostran o carácter festivo da Arribada.

A policromía do cartel pretende evocarnos esa época histórica e recréanse escenas cun estilo que pretende lembrar aos antigos códices ilustrados pero renovado para traelo ao momento actual no que se celebra a festa.

Tamén nos gustou o detalle semicircular que rodea á carabela que nos evoca a esa imaxe icónica de Baiona que é a réplica da Carabela Pinta vista desde os arcos da Ribeira, e que tanto chama a atención aos nosos visitantes.

Con isto, continuamos coa campaña promocional que se está levando a cabo para atraer visitantes a Baiona durante a Festa da Arribada e que complementa a xa posta en marcha en redes sociais, a través do vídeo promocional, que tanto éxito esta suscitando e que xa notamos nas solicitudes de información recibidas na Oficina de Turismo desde diversos puntos de España e Portugal e que, esperamos, véxanse traducidas nunha maior afluencia de turistas á Festa da Arribada, que amplíen a súa estancia en Baiona pero, sobre todo, que coñezan este feito histórico tan importante e á vez bastante descoñecido entre os nosos turistas e ao que dedicamos esforzos durante todo o ano para que, todo aquel que nos visite coñézao e fale diso.”

Relacionadas

Luisa Sánchez anuncia na gala de entrega dos XIX Premios Joven Empresario/a de AJE...

0
O goberno da Deputación investirá 1,45 millóns de euros na xestión de Smartpeme + e das oficinas Acelera Pyme Rural, que desde Barro, Cambados,...

O concello do Porriño rende homenaxe aos gañadores do concurso ‘Internetional Dragon’s Den’

0
Os estudantes presentaron aos asistentes o seu proxecto “Greenpocket Solutions” xunto cun prototipo do produto 'Eco Snack Bag', amosando a súa proposta innovadora de...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Marín para informar a...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou o concello coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

Rafa Domínguez e Jorge Cubela percorren Pontevedra con Santiago Gamboa na véspera da conferencia...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, xunto co deputado de Cultura e Xuventude, Jorge Cubela, percorreron Pontevedra con Santiago Gamboa na véspera...

A Xunta e o concello de Moraña avalían vías de colaboracion para mellorar a...

0
A Xunta de Galicia e o Concello de Moraña estudarán a posibilidade de mellorar o acondicionamento e poñer en valor a contorna do río...

Luis López recoñece en Lidia Fraga, Nati Juncal e Jaione Camborda a tres “protagonistas...

0
“Protagonizades unha longametraxe colectiva que, malia ter un final escrito, temos aínda que alcanzar: a igualdade real e efectiva”, defende López O presidente felicitou tamén...

Publicacións Relacionadas