HomeVigoBaionaBaiona presenta o Belén Artesanal en movemento de Quique Chamorro

Baiona presenta o Belén Artesanal en movemento de Quique Chamorro

- Anuncio -spot_img

O Concello de Baiona presentou o espectacular Belén tradicional en movemento, unha obra artesanal realizada con moito mimo polo baionés Quique Chamorro, axudado polo seu cuñado Dani.

Esta proposta, que xa se converteu en todo un referente na axenda do Nadal da vila, poderá visitarse ata o 5 de xaneiro de 2026, en horario de mañá e de tarde na entrada do edificio consistorial.

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e o Concelleiro de Cultura, Policarpo Vilar Misa, expresan o seu agradecemento ao seu veciño Quique e o seu cuñado Dani, pola súa colaboración desinteresada e destacan que “grazas á súa implicación, a veciñanza e quen nos visite poderán gozar dunha exposición singular e chea de espírito do Nadal nunhas datas tan entrañables”.

O Belén, de 10 metros cadrados, sorprende polo seu nivel de detalle, a súa luz, e a súa atmosfera máxica: máis de 150 figuras, das cales 22 están animadas, recrean escenas clásicas do Nacemento de Jesús, xunto con momentos cotiáns da vida da época, convidando o público a mergullarse nun pequeno universo do Nadal.

O Concello de Baiona agradece a Quique e a Dani polo desinteresado labor que realizan desde hai varios anos para adornar a entrada do Concello e que os veciños e visitantes poidan gozar do o seu gran traballo realizado no deseño e montaxe desta, xa tradicional costume en nosa Villa.

Publicacións Relacionadas