HomeVigoBaionaBaiona presenta o taller "Chaver 365 e aplicacións de google no teléfono...

Baiona presenta o taller “Chaver 365 e aplicacións de google no teléfono móbil”

- Anuncio -spot_img

A Concellaría de igualdade do Concello de Baiona, a través do CIM, organiza no marco do programa de novas tecnoloxías que está a desenvolver, o curso “Chave 365 e aplicacións de Google non teléfono móbil”.

A actividade dirixida a mulleres, ten como obxectivo proporcionar as habilidades necesarias para realizar trámites coa administración autonómica a través do smartphone (Android) e coñecer aplicacións e ferramentas de Google que poden facilitar o día a día das participantes.

O taller desenvolverase os venres de 11.00 a 13.00 horas no centro sociocomunitario de Baiona, nas seguintes datas: 24 de abril, e 8,15,22 e 29 de maio. A actividade é gratuíta.

Aquelas mulleres interesadas en participar poden contactar no teléfono 986357552 ou enviar os seus datos privados e un teléfono de contacto á dirección electrónica administrativo.cim@baiona.gal

Publicacións Relacionadas