O Concello de Baiona, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC), convida a todos os veciños e visitantes a participar o domingo 19 de outubro na creación dun gran lazo rosa humano con motivo do Día Mundial do Cancro de Mama ás 11:00 da mañá no Paseo Ribeira (enfronte oficina de turismo).
O acto terá lugar no Paseo da Ribeira ás 11:00h, onde veciños, asociacións, colexios, comercios e todos os que queiran apoiar esta causa, uniranse para mostrar o compromiso de Baiona coa prevención, a investigación e o apoio ás persoas afectadas por esta enfermidade.
“Queremos que Baiona únase nun gran abrazo rosa. Cada persoa que acuda será parte dunha mensaxe de esperanza, de vida e de unión fronte ao cancro”, sinalou Jesús Vázquez Almuiña, alcalde do Concello de Baiona.
Desde a AECC Baiona, Pilar Fentán destacou “a importancia da detección precoz, do acompañamento e de non esquecer que cada xesto, por pequeno que pareza, pode marcar a diferenza”.
Desde o Concello de Baiona animamos a unirse a este acto, xa que a xornada contará coa participación de representantes municipais, voluntariado da AECC, asociacións locais e cidadanía en xeral. Gustaríanos que levasen unha peza ou accesorio rosa para sumarse ao gran lazo humano, símbolo de apoio e solidariedade.