Baiona viviu o domingo a súa gran cita deportiva do ano: a 39º edición da Carreira Pedestre Popular “Andar e Correr”.
A proba organizada pola Concellería de Deportes contou con 1.400 persoas participantes nas distintas categorías. As primeiras probas foron as carreiras para categorías basee, que reuniron a un gran número de pequenos e pequenas na contorna do parque da Palma. Entre os máis pequenos impuxéronse Santiago Capapé e Ana Domínguez. En prebenjamines saíron gañadores Celia Lafuente e Álvaro Asensio. Na categoría benjamín, as vitorias foron para Alexandre Vega e Gabriela López. E, por último, Xoel Agra e Daniela Asensio foron os alevíns que gañaron.
Logo, a proba principal contou con 1.000 corredores. No seu percorrido de 10 Quilómetros a carreira transcorre polo Camiño Portugués pola Costa con saída e chegada no parque baionés. Os corredores e corredoras pasaron por monumentos emblemáticos como o Cruceiro da Santísima Trindade, Santa Liberata, a subida de San Antón, o miradoiro de Baredo, para regresar polo Rompeolas ao emblemático parque baionés. Jaime Díaz e Ana Alonso erixíronse vencedores dunha cita de nivel. Daniel Pérez Lorenzo foi o primeiro baionés en cruzar a liña de meta, mentres que Ana Barreiro Martínez foi a primeira baionesa.
Se esta edición da Carreira Pedestre Popular “Andar e Correr” xa era importante de seu xa que leva celebrándose en Baiona de forma ininterrumida desde a súa creación desde hai 39 anos, aínda gañou maior relevancia este ano 2024 ao contar entre o público e na entrega de premios con Ester Navarrete, atleta olímpica recentemente chegada dos xogos de París. Tamén entre as persoas que axudaron á organización atopábase o atletista exolímpico Carlos Pérez.
“Andar e Correr” converteuse nun evento imprescindible consolidado no calendario das carreiras populares que cada ano gaña máis persoas adeptas pois o entrono no que se disputan as distintas probas non pode ser mellor: a vila de Baiona.

