HomeVigoBaionaBaiona volve a bailar coa segunda tempada do seu exitoso evento "Baile...

Baiona volve a bailar coa segunda tempada do seu exitoso evento “Baile da segunda Mocidade”

- Anuncio -spot_img

O Concello de Baiona pon de novo o ritmo en movemento coa chegada da segunda tempada do Baile da segunda Mocidade co novo slogan de “Baiona volve bailar”, unha iniciativa que conxuga música, diversión e convivencia veciñal.

A primeira cita será este venres 21 de novembro, no Multiusos de Sabarís, onde veciños e visitantes poderán gozar dunha tarde chea de alegría e baile a partir das 19:00H.

Tras o éxito da primeira edición, o Concello aposta por continuar ofrecendo un espazo de encontro para todas as idades, fomentando o exercicio físico, o benestar e a socialización a través do baile. Nesta nova etapa, a programación comezará con bailes latinos da man do instituto de baile IDLS, unha animación que promete encher o multiusos de enerxía e boas vibracións.

“Queremos seguir ofrecendo actividades que fomenten a participación cidadá e que contribúan a facer de Baiona un lugar vivo e cheo de movemento”, indícanos o Alcalde Jesús Vázquez Almuiña.

A actividade é gratuíta, está aberta a todo o público, e non é necesario ter experiencia previa.

Publicacións Relacionadas