HomeBaixo MiñoA GuardaO Trail do Tegra cumprirá a súa oitava edición dando un paso...

O Trail do Tegra cumprirá a súa oitava edición dando un paso máis cara a “a normalidade”

- Anuncio -spot_img

A carreira guardesa poñerá o punto e final á Pontevedra Trail League que se celebrou neste ano 2021.

A praza do Reloxo, á beira da Casa do concello da Guarda, foi o escenario da presentación no día de hoxe da VIII edición do Trail do Trega.
Ha ela asistiron o Deputado de deportes da Deputación de Pontevedra, Gorka Gómez, a concelleira de deportes da Guarda, Montserrat Magallanes, e o director da carreira, Serafín Martínez da empresa Noko 360, organizadora do evento.

Serafín Martínez destacaba a “consolidación desta proba, que vai pola súa oitava edición” cun aumento significativo de atletas cada ano, xa que “a día data de hoxe, e faltando un día para o peche de inscricións, superamos os 450 participantes”. Facía mención á “contorna única do Trail do Trega, un dos lugares máis visitados de Galicia.”
Sobre o percorrido mencionaba que “sempre gustou aos corredores, a pesar de que non se poden facer demasiadas modificacións cada ano xa que o monte é o que é”
O deputado de deportes provincial Gorka Gómez, na súa intervención, facía referencia aos “tres trails, que con leste, celebrábanse este ano no Baixo Miño, destacando o seu valor paisaxístico”. A aposta da Deputación polo deporte sumado á visita a lugares tan emblemáticos da provincia
Agradecía ademais que “empresas como Noko 360, apostasen por eventos nun ano tan complicado como este, no que a organización se fai aínda máis difícil por todos os protocolos que conleva a loita contra o Covid-19”

Pechaba o acto, Montserrat Magallanes, desculpando en primeiro lugar a ausencia do alcalde da Guarda, Antonio Lomba que se “atopaba precisamente na deputación tentando traer máis fondos para a Garda”
En canto ao Trail, destacaba que se celebraba en “o buque insignia do Concello, como é o Monte Santa Trega, cos seus castros e espectaculares vistas”. Animaba á xente para acudir este domingo, xa que “se fixo un pacto para que nesta zona de Galicia, mantivésense estes espectaculares días de sol”

Lembrar que a carreira dará inicio ás 10.30 horas desde a Alameda da Guarda para realizar un percorrido de 15 kms con 800 metros de desnivel.
As inscricións para participar no Trail do Trega , pecharanse ás 23.59 horas de mañá mércores. Os que o desexen todaviía poden anotarse en www.traildotrega.com.

Publicacións Relacionadas