HomePontevedraBaixo MiñoAprende a navegar: Curso de Licenza de Navegación en Goián o 29...

Aprende a navegar: Curso de Licenza de Navegación en Goián o 29 de agosto

- Anuncio -spot_img

Prazas abertas ata o 26 de agosto para participar nunha formación teórica e práctica completa

O Espazo Fortaleza de Goián (Tomiño) acollerá o venres 29 de agosto pola tarde un curso para a obtención da Licenza de Navegación, organizado pola Real Federación Galega de Motonáutica en colaboración co Concello de Tomiño e o Club Náutico Inclusivo Baixo Miño. A actividade contará cunha matrícula reducida de 120 euros, cunha tarifa aínda máis económica para persoas con discapacidade, co obxectivo de fomentar a participación inclusiva. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o martes 26 de agosto.

A formación inclúe dúas horas de teoría e catro horas de prácticas de seguridade e navegación, ademais da tramitación administrativa, o pagamento das taxas e a expedición do título, que poderá recollerse na sede da Federación ou solicitarse o envío ao domicilio. A Licenza de Navegación permite manexar embarcacións de lecer de ata seis metros de eslora con motor acorde ao fabricante, navegar ata dúas millas dun porto ou abrigo, e conducir motos náuticas sen limitación de potencia.

Para inscribirse será necesario cubrir o formulario dispoñible nos canais oficiais da Federación e achegar os seguintes datos: nome e apelidos, NIF, data de nacemento, domicilio, teléfono e correo electrónico, así como copia do DNI, certificado psicofísico e xustificante bancario do pagamento da matrícula.

A información e a documentación poden remitirse á Real Federación Galega de Motonáutica, situada na Rúa Luis Ksado, 17 – Oficina 9, 36209 Vigo (Pontevedra). Tamén está dispoñible o teléfono 986 222 440 e o correo electrónico rfg.motonautica@gmail.com.

Publicacións Relacionadas