Home Pontevedra Baixo Miño Mañá péchase en Tui o ciclo de danza en espazos naturais ‘Bailando...

Mañá péchase en Tui o ciclo de danza en espazos naturais ‘Bailando a terra’

- Anuncio -

Será ás 20 h no Paseo Fluvial coa escola de danza Unidance

O Paseo Fluvial de Tui acollerá mañá venres, 23 de setembro, ás 20 h o espectáculo de danza ‘Os 4 elementos’ da escola de danza viguesa Unidance. Trátase do último evento de danza, música e patrimonio do ciclo ‘Bailando a terra’ promovido pola Deputación de Pontevedra e que chega á cidade coa colaboración do Concello de Tui.
“Balaindo a terra” é un proxecto cultural da Deputación de Pontevedra que busca mesturar a arte coa paisaxe, a natureza, a gastronomía e a cultura. Logo de percorrer diversos concellos da provincia, o último espectáculo terá lugar mañá en Tui da man da escola de danza viguesa Unidance.

Este ciclo de danza realízase en colaboración con compañías profesionais de diferentes disciplinas e con las escolas de danza da provincia. Deste xeito, o baile en directo amósase en perfecta harmonía coa natureza para bailala, sentila e entrar en contacto con ela.

O espectáculo, dirixido por Alejandra Teixeira, xogará coa interpretación en diversas modalidades de danza e música coa terra, a auga, o lume e o aire. Máis de 40 alumnos e alumnas da escola darán vida a unha coreografía ideada polos catros profesores do centro vigués especificamente para este ciclo.

A propia directora, Alejandra Teixeira, di que pensaron un espectáculo acorde ao lugar emblemático que os acollerá en Tui. “Os espazos naturais nos que se enmarcan estes proxectos son característicos de cada pobo e cidade. A nós tocounos en Tui, no Paseo Fluvial, e é un marco fermoso e impresionante para estrear un proxecto novidoso, con diferentes vestiarios, estilos de danza e espectáculos de lume”, engadiu.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas