Home Pontevedra Baixo Miño Éxito da representación do obradoiro de teatro veciñal no Mosteiro de Oia

Éxito da representación do obradoiro de teatro veciñal no Mosteiro de Oia

- Anuncio -

A actividade contou coa participación das artistas Mónica de Nut (canto), Elsa Pereira (danza), Silvia Penas (poesía), AveLina Pérez (teatro) e Gloria Rodríguez Gil (música)

O “6×6 punto de encontro o Arrabal. O mar tamén ten amores” é unha iniciativa organizada polo Concello de Oia e beneficiaria do programa “O teu Xacobeo”

A representación do obradoiro de teatro veciñal de Oia celebrada este sábado colleitou un novo éxito de asistencia de público, que puido contemplar nesta terceira edición unha proposta novidosa. No evento participaron 5 artistas convidadas: Mónica de Nut (canto), Elsa Pereira (danza), Silvia Penas (poesía), AveLina Pérez (teatro) e Gloria Rodríguez Gil (música), baixo a dirección de Alfredo Rodríguez (A Artística) e coa narración de Patricia Muñoz.

O pasado sábado, o Mosteiro de Oia acolleu tres pases do “6×6 punto de encontro o Arrabal. O mar tamén ten amores”, una visita dramatizada polo interior do cenobio que incluíu 5 intervencións artísticas de diferentes disciplinas.

Esta actividade, convertida nun verdadeiro punto de encontro entre alumnado, artistas, público e patrimonio; foi resultado dos traballos desenvolvidos durante o obradoiro veciñal de artes escénicas e do movemento celebrado durante este mes de setembro baixo a dirección de A Artística.

A alcaldesa de Oia, Cristina Correa, destacou a gran calidade das artistas convidadas que participaron na edición deste ano. Ao mesmo tempo, quixo trasladar o seu recoñecemento ao alumnado e á dirección do obradoiro “pola súa implicación, o esforzo e o bo facer técnico e artístico demostrado”.

Correa tamén destacou a boa resposta do público a esta novidosa proposta cultural pese as circunstancias sanitarias actuais. Debido ás restricións da COVID-19 decidíronse programar tres pases distintos para poder contar cun maior número de asistentes e, aínda así, “as inscricións cubríronse en aproximadamente 48 horas, sendo preciso abrir unha lista de agarda”, lembrou.

Finalmente, quixo trasladar o seu agradecemento ao Mosteiro de Oia, por colaborar na iniciativa cedendo o espazo para a representación, e ao programa “O teu Xacobeo” da Xunta de Galicia.

Proxecto “6×6 punto de encontro”

O “6×6 punto de encontro o Arrabal. O mar tamén ten amores” é unha iniciativa organizada polo Concello de Oia e beneficiaria do programa “O teu Xacobeo”. A súa programación incluíu un obradoiro veciñal durante o mes de setembro, a xornada de representación celebrada o sábado e un paseo guiado de temática feminina que se desenvolveu o domingo 19 no barrio do Arrabal.

Baixo o título específico “o mar tamén ten amores”, o traballo deste ano no obradoiro de teatro buscou poñer en valor a achega das mulleres na historia de Oia e recoñecer traballos tradicionalmente invisibilizados ou pouco recoñecidos. O programa de man do evento do sábado está accesible para a súa descarga na seguinte ligazón.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas